Home
Categories
EXPLORE
True Crime
Comedy
Society & Culture
Business
Sports
Health & Fitness
Technology
About Us
Contact Us
Copyright
© 2024 PodJoint
Loading...
0:00 / 0:00
Podjoint Logo
US
Sign in

or

Don't have an account?
Sign up
Forgot password
https://is1-ssl.mzstatic.com/image/thumb/Podcasts122/v4/4a/b6/31/4ab63168-66b6-5c40-562b-96c0180e441c/mza_7663774281900050574.jpg/600x600bb.jpg
Aquí faltan páxinas
Deputación de Pontevedra
52 episodes
4 days ago
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
Show more...
History
RSS
All content for Aquí faltan páxinas is the property of Deputación de Pontevedra and is served directly from their servers with no modification, redirects, or rehosting. The podcast is not affiliated with or endorsed by Podjoint in any way.
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
Show more...
History
Episodes (20/52)
Aquí faltan páxinas
As alfombreiras. Unha tradición ancestral transmitida por mulleres

A confección de alfombras de flores é unha manifestación cultural secular que en Galicia permanece viva grazas ao papel esencial das mulleres, transmisoras dos códigos simbólicos desta tradición, depositarias da sabedoría popular herdada xeración tras xeración e, como en moitas outras ocasións, organizadoras e facedoras dun traballo comunitario e interxeracional que se segue repetindo cada primavera en moitas vilas da provincia de Pontevedra, e que, felizmente, semella ter garantida a súa continuidade. Familias e veciñanza participan nun proceso que require de numerosas xornadas de preparativos e vésperas interminables de traballo para lle dar forma a obras de arte tan fermosas coma efémeras. Con frecuencia, os deseños permanecen en segredo ata o día da celebración, o que crea sorpresa e emoción.

Estas creacións, que hoxe acompañan festexos de carácter relixioso e tamén populares, están orixinalmente vinculadas a ritos ancestrais de fertilidade da terra, ás colleitas e á harmonía co medio natural. Aínda que orixinariamente se facían só con elementos vexetais, hoxe algunhas vilas engaden materiais que lles son propios, coma as cunchas en Bueu, as serraduras de madeira na Estrada e, de forma xeral, o sal tinguido en case todas as vilas cando a flor escasea ou cando se busca emular a perfección dos tapices. Máis aló do seu valor estético, representan un ritual de pertenza e renovación colectiva. Atopamos alfombras de flores en moitos outros puntos do Estado, en Europa e en países tan afastados coma o Xapón ou México, mais é en Galicia onde mellor se conserva a tradición e todo o significado simbólico que lle dá sentido: o tipo de flores e herbas que se usan, os lugares onde estas deben ser apañadas, o percorrido sagrado, as danzas que acompañan as celebracións... Todo forma parte dun legado que debe ser conservado, e niso traballa a Federación de Alfombristas de Galicia, na que se integran numerosos colectivos pontevedreses e que xa conseguiu que a Xunta o incluíse no censo galego de patrimonio inmaterial e que o Ministerio de Cultura o declarase manifestación representativa do patrimonio español. Agora, tras confiarlle á antropóloga Ana Filgueiras a elaboración dunha rigorosa investigación, agárdase pola decisión da Unesco para que esta práctica sexa incluída na Lista representativa do patrimonio cultural inmaterial da humanidade.

Show more...
1 month ago
54 minutes 37 seconds

Aquí faltan páxinas
Avance - As alfombreiras. Unha tradición ancestral transmitida por mulleres

A confección de alfombras de flores é unha manifestación cultural secular que en Galicia permanece viva grazas ao papel esencial das mulleres, transmisoras dos códigos simbólicos desta tradición, depositarias da sabedoría popular herdada xeración tras xeración e, como en moitas outras ocasións, organizadoras e facedoras dun traballo comunitario e interxeracional que se segue repetindo cada primavera en moitas vilas da provincia de Pontevedra, e que, felizmente, semella ter garantida a súa continuidade. Familias e veciñanza participan nun proceso que require de numerosas xornadas de preparativos e vésperas interminables de traballo para lle dar forma a obras de arte tan fermosas coma efémeras. Con frecuencia, os deseños permanecen en segredo ata o día da celebración, o que crea sorpresa e emoción.

Estas creacións, que hoxe acompañan festexos de carácter relixioso e tamén populares, están orixinalmente vinculadas a ritos ancestrais de fertilidade da terra, ás colleitas e á harmonía co medio natural. Aínda que orixinariamente se facían só con elementos vexetais, hoxe algunhas vilas engaden materiais que lles son propios, coma as cunchas en Bueu, as serraduras de madeira na Estrada e, de forma xeral, o sal tinguido en case todas as vilas cando a flor escasea ou cando se busca emular a perfección dos tapices.

Máis aló do seu valor estético, representan un ritual de pertenza e renovación colectiva. Atopamos alfombras de flores en moitos outros puntos do Estado, en Europa e en países tan afastados coma o Xapón ou México, mais é en Galicia onde mellor se conserva a tradición e todo o significado simbólico que lle dá sentido: o tipo de flores e herbas que se usan, os lugares onde estas deben ser apañadas, o percorrido sagrado, as danzas que acompañan as celebracións... Todo forma parte dun legado que debe ser conservado, e niso traballa a Federación de Alfombristas de Galicia, na que se integran numerosos colectivos pontevedreses e que xa conseguiu que a Xunta o incluíse no censo galego de patrimonio inmaterial e que o Ministerio de Cultura o declarase manifestación representativa do patrimonio español.

Agora, tras confiarlle á antropóloga Ana Filgueiras a elaboración dunha rigorosa investigación, agárdase pola decisión da Unesco para que esta práctica sexa incluída na Lista representativa do patrimonio cultural inmaterial da humanidade.

Show more...
2 months ago
2 minutes 53 seconds

Aquí faltan páxinas
Prólogo

A terceira colección de Aquí Faltan Páxinas amplía a nosa xenealoxía de mulleres extraordinarias, coa adición de novas voces e historias que, malia seren esenciais para entender quen somos, quedaron á marxe do relato que se recolle nos libros. Neste percorrido detémonos en logros colectivos e vidas singulares, en pioneiras audaces e en grupos de mulleres anónimas que loitaron, resistiron e transformaron xuntas a realidade social para convertérense en referentes que hoxe nos inspiran. 

Abrimos a colección coas mulleres que en toda a provincia confeccionan as alfombras de flores, transmisoras dunha tradición ancestral e responsables da organización dun traballo comunitario e interxeracional que hoxe se proxecta ao mundo enteiro e que está a punto de ser recoñecido pola Unesco como patrimonio inmaterial da humanidade.

Poñemos en valor a historia de Juaniña, modista centenaria do Porriño, que desde nena fixo da costura unha paixón e unha forma de vida, e creou padróns de alta costura desde un pequeno taller que foi escola, memoria e comunidade.

Ademais, sumámonos á homenaxe que este ano se lles dedica con motivo das Letras Galegas ás cantareiras e tocadoras que manteñen vivo o noso rico patrimonio oral e musicalcun episodio especial sobre as mulleres da pequena parroquia de Gargamala, en Mondariz.

Tamén lembramos a loita das Nais Contra a Droga, que ergueron a voz contra o narcotráfico e transformaron a dor en mobilización cidadá, o que deu lugar a cambios lexislativos e sociais a través da Asociación Érguete, que celebra este ano en Vigo o seu 40.º aniversario. 

Rescatamos a figura de Concepción Pérez Iglesias, primeira alcaldesa galega e mestra respectada que na década de 1920 abriulles as portas da política ás mulleres. 

Entramos tamén no mundo do viño, onde as mulleres, invisibilizadas durante séculos, van asumindo nos últimos anos a xestión das adegas, con destacadas profesionais como Anónimas Viticultoras, e lideran proxectos premiados que vinculan viño, territorio e identidade.

Escoitamos o brillo da voz de Matilde Vázquez, soprano cambadesa que conquistou Madrid e os grandes teatros coas súas zarzuelas e deixou unha importante pegada no panorama lírico español. 

Recuperamos a memoria de Corona González Santos, unha das primeiras fotógrafas afeccionadas do país, ademais de filántropa e impulsora cultural, que deixou un arquivo de imaxes de gran valor histórico e artístico. 

Detémonos en Rita Fernández Queimadelos, pioneira galega da arquitectura e primeira muller en España en asinar proxectos, exemplo de talento e perseveranza nunha profesión dominada por homes. 

Celebramos a traxectoria da científica Marisol Soengas, recoñecida internacionalmente pola súa investigación contra o cancro, doenza que sufriu en primeira persoa, e firme defensora da presenza das mulleres na ciencia. 

Coñecemos a fantástica historia de Marina Ledo e Begoña Villar, primeiras policías locais en patrullar xuntas as rúas de Vigo, símbolo dun cambio de mentalidade e referentes para as novas xeracións de mulleres nas forzas de seguridade.

Reivindicamos a figura rebelde e moderna de Cruz Risco, pioneira do cinema galego, cineasta esquecida que comeza hoxe a recibir o recoñecemento que merece. 

Novas páxinas de logros individuais e colectivos, de proxectos de vangarda, de patrimonio custodiado por mulleres, de voces que resistiron e que abriron camiños para que hoxe poidamos continuar transitando as vías que nos han de levar a vivir en igualdade.

Show more...
2 months ago
5 minutes 24 seconds

Aquí faltan páxinas
María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista

Nada en Carril en 1904, con só dous anos emigrou cos seus pais a Cuba, onde estudou nun convento, e logo casaría con Sebastián Carcaño, natural de Mugardos. Xuntos iniciáronse nas loitas proletarias e vinculáronse ao entón nacente movemento comunista cubano. En 1927 volveron a Galicia con dous fillos. María empezou a traballar nunha fábrica de conservas de Vigo, onde tomou as rendas do Sindicato de Conserveiras como militante do Partido Comunista de España. Durante a guerra civil participou na loita guerrilleira galega contra as forzas franquistas ata que a detiveron e a meteron no cárcere, onde entrou coa súa filla pequena, Dora, nada xa en Galicia. En 1944, o cónsul de Cuba en Vigo, Luis Bas Molina, axudouna a saír de prisión e regresar a Cuba con documentación falsa. A súa enerxía e o seu activismo continuaron alí, onde lles axudou aos guerrilleiros antifranquistas españois e aos comunistas cubanos contra a ditadura de Batista e apoiou o Goberno revolucionario, que se fixo co poder en 1959. Colaborou na campaña de alfabetización, nos Comités de Defensa da Revolución e na Federación de Mulleres Cubanas. Foi condecorada por Fidel Castro coa Orde Ana Betancourt, recibiu a Medalla 23 de Agosto da Federación de Mulleres Cubanas e a Medalla 28 de Setembro, que lle outorgaron os Comités de Defensa da Revolución. En 1989 chegaba ao seu fin, na súa casa da Habana, a vida de María a guerrilleira, unha incansable loitadora que viviu para facerlles fronte ás inxustizas. Neste capítulo contamos coa voz da súa filla, Dora Carcaño, que acompañou a súa nai no cárcere de nena e continuou o seu legado militante en Cuba. Tamén nos achega a súa perspectiva Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela, autora do libro Muller e emigración, membro da Academia da Historia de Cuba e investigadora referente no estudo dos movementos migratorios entre Galicia e América desde un enfoque de xénero.

Show more...
10 months ago
41 minutes 44 seconds

Aquí faltan páxinas
Avance - María Araújo. A guerrilleira que loitou contra as ditaduras de Franco e Batista

Nada en Carril en 1904, con só dous anos emigrou cos seus pais a Cuba, onde estudou nun convento, e logo casaría con Sebastián Carcaño, natural de Mugardos. Xuntos iniciáronse nas loitas proletarias e vinculáronse ao entón nacente movemento comunista cubano. En 1927 volveron a Galicia con dous fillos. María empezou a traballar nunha fábrica de conservas de Vigo, onde tomou as rendas do Sindicato de Conserveiras como militante do Partido Comunista de España. Durante a guerra civil participou na loita guerrilleira galega contra as forzas franquistas ata que a detiveron e a meteron no cárcere, onde entrou coa súa filla pequena, Dora, nada xa en Galicia. En 1944, o cónsul de Cuba en Vigo, Luis Bas Molina, axudouna a saír de prisión e regresar a Cuba con documentación falsa. A súa enerxía e o seu activismo continuaron alí, onde lles axudou aos guerrilleiros antifranquistas españois e aos comunistas cubanos contra a ditadura de Batista e apoiou o Goberno revolucionario, que se fixo co poder en 1959. Colaborou na campaña de alfabetización, nos Comités de Defensa da Revolución e na Federación de Mulleres Cubanas. Foi condecorada por Fidel Castro coa Orde Ana Betancourt, recibiu a Medalla 23 de Agosto da Federación de Mulleres Cubanas e a Medalla 28 de Setembro, que lle outorgaron os Comités de Defensa da Revolución. En 1989 chegaba ao seu fin, na súa casa da Habana, a vida de María a guerrilleira, unha incansable loitadora que viviu para facerlles fronte ás inxustizas. Falaremos con Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela, autora do libro Muller e emigración, membro da Academia da Historia de Cuba e investigadora referente no estudo dos movementos migratorios entre Galicia e América desde unha perspectiva de xénero. A sesión terá lugar o xoves 12 de decembro, ás 19 horas, na sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

Show more...
10 months ago
2 minutes 16 seconds

Aquí faltan páxinas
Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora

Rebelde e apoderada, Urraca I de León foi a primeira monarca de Europa en exercer un reinado de pleno dereito. Filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as raíñas. A súa tía e homónima, Urraca de Zamora, instruíuna e serviulle de referente para non deixarse asoballar. Ela era tamén unha muller moi intelixente e rebelde que estudaba, participaba nas conversacións políticas, montaba dacabalo e ía de cacería cos seus irmáns. Non a deixaron gobernar pero proxectou na súa sobriña todo o que querería facer, e logrouno. A principios do século XII, nun mundo masculino onde as raíñas só podían dar herdeiros e contribuír co seu dote, a vida de Urraca I de León, alcumada a Temeraria polo seu carácter batallador, foi unha loita constante por conservar o poder e a integridade dos seus feudos ante as ameazas das e dos inimigos e dos seus propios parentes. As e os partidarios do seu fillo chegaron a cercala no castelo de Sobroso pero, malia as numerosas conspiracións, Urraca logrou gobernar en solitario ata o final da súa vida. Tras a súa morte, acusárona de reinar tiránica e femininamente e sufriu a condena da memoria ou damnatio memoriae, que durante moitos séculos ocultou o seu gran papel como unha das raíñas máis determinantes da historia de España, só polo feito de ser muller. Neste capítulo contamos coa análise da historiadora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela Carla Trincado, que centra a súa liña de estudo na historia das mulleres e, dentro desta, no poder feminino durante a Plena Idade Media, particularmente aquel exercido polas raíñas e infantas da península ibérica.

Show more...
11 months ago
35 minutes 35 seconds

Aquí faltan páxinas
Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres

Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do 36 e acusárona de ser mala nai e de radicalizar o seu marido, Humberto, que foi executado; non obstante, os prexuízos de xénero das autoridades fascistas evitaron que Urania correse a mesma sorte. A ela enviárona ao inferno do penal de Santurrarán e as súas fillas quedaron a cargo da familia paterna, católica e conservadora, e creceron pensando que a súa nai as abandonara. Os dous nenos, maiores ca elas, recordábana como unha muller cariñosa e traballadora e intuían que o que escoitaban na casa das súas tías non era certo. Cando Urania saíu en liberdade e chegou a Vigo, as súas fillas renegaron dela, suceso que a xente comentaba, polo que decidiu instalarse co seu fillo Raúl en Lugo, onde sobreviviu colléndolles puntos ás medias, porque xa non podía dar clases de piano e solfexo como fixera antes da guerra. Unha tarde, mentres agardaba que o seu fillo a viñese buscar para ir ao cine, Urania morreu a causa dun tumor cerebral que non lle trataran no cárcere. Co tempo, as súas fillas entenderon quen foi en realidade a súa nai, pero xa era tarde. Só lles quedou o seu piano, que se converteu nun altar onde honrar a súa memoria. Neste capítulo contamos co testemuño da persoa que ata o de agora conseguiu reunir máis información sobre Urania Mella, a investigadora Iria Presa, que comezou en 2012 a estudar a vida e obra do pai de Urania, o anarquista e topógrafo vigués Ricardo Mella, e, en paralelo, a de Urania. Desde entón mantén o seu periplo investigador visitando arquivos e entrevistándose con persoas en Tui, A Coruña, Ferrol, Bilbao ou Barcelona; mais tamén en Montevideo, Bos Aires, A Habana, Nova York, San Francisco, Michigan ou México, onde continúa a investigar na actualidade.

Show more...
11 months ago
37 minutes 5 seconds

Aquí faltan páxinas
Avance - Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres

Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do 36 e acusárona de ser mala nai e de radicalizar o seu marido, Humberto, que foi executado; non obstante, os prexuízos de xénero das autoridades fascistas evitaron que Urania correse a mesma sorte. A ela enviárona ao inferno do penal de Santurrarán e as súas fillas quedaron a cargo da familia paterna, católica e conservadora, e creceron pensando que a súa nai as abandonara. Os dous nenos, maiores ca elas, recordábana como unha muller cariñosa e traballadora e intuían que o que escoitaban na casa das súas tías non era certo. Cando Urania saíu en liberdade e chegou a Vigo, as súas fillas renegaron dela, suceso que a xente comentaba, polo que decidiu instalarse co seu fillo Raúl en Lugo, onde sobreviviu colléndolles puntos ás medias, porque xa non podía dar clases de piano e solfexo como fixera antes da guerra. Unha tarde, mentres agardaba que o seu fillo a viñese buscar para ir ao cine, Urania morreu a causa dun tumor cerebral que non lle trataran no cárcere. Co tempo, as súas fillas entenderon quen foi en realidade a súa nai, pero xa era tarde. Só lles quedou o seu piano, que se converteu nun altar onde honrar a súa memoria. Neste faladoiro conversamos coa persoa que ata o de agora conseguiu reunir máis información sobre Urania Mella, a investigadora Iria Presa, que comezou en 2012 a estudar a vida e obra do pai de Urania, o anarquista e topógrafo vigués Ricardo Mella, e, en paralelo, a de Urania. Desde entón mantén o seu periplo investigador visitando arquivos e entrevistándose con persoas en Tui, A Coruña, Ferrol, Bilbao ou Barcelona; mais tamén en Montevideo, Bos Aires, A Habana, Nova York, San Francisco, Michigan ou México, onde continúa a investigar na actualidade.

Show more...
11 months ago
2 minutes 17 seconds

Aquí faltan páxinas
Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928 2003)

Naceu na parroquia pontevedresa de Xeve, nunha familia republicana de grandes inquedanzas artísticas que se viu obrigada a emigrar por mor da guerra. O seu pai era un apaixonado da música e da literatura, a súa nai, unha pintora naíf, o seu irmán José, dramaturgo, e a súa irmá Ángeles, cantante. Teté —o nome familiar de Mercedes— pasou a súa infancia e adolescencia en Xeve, ata que con vinte anos emigrou a Bos Aires para reencontrarse co seu irmán José. Alí iniciouse na pintura con Laxeiro como amigo, mentor e mestre. Realizou a súa primeira mostra individual na Sala Rose Marie, en 1956, e, pouco despois, en 1957, regresou a Galicia xa convertida en pintora. Tras realizar unha serie de exposicións en Vigo, trasladouse a Madrid, onde traballou como deseñadora de cerámica, visitou repetidamente o Prado e estableceu unha relación con artistas dos faladoiros do Café Gijón. En 1959 casou co arquitecto e pintor Agustín Pérez Bellas; xuntos percorreron medio mundo e residiron en Roma, onde compartiu estudio con Rafael Alberti, quen mantivo unha grande amizade con ela e lle dedicou algúns poemas á súa pintura. No seu estilo expresionista percíbense as influencias de Laxeiro, Rouault e do Goya das pinturas negras, coa crítica social sempre presente.  Cando nunha ocasión lle preguntaron polos motivos que a levaban a pintar cousas escuras e ata monstruosas, dixo: "Eu son alegre, optimista. Non son cruel nin torturadora. A pintura, non obstante, sáeme dramática e, ademais, quero que me saia así. As cousas con forza son as que fan vibrar". En Vigo relacionouse con Lugrís, Laxeiro e Lodeiro, e reflectiu a súa peculiar personalidade no texto Confesiones de volatinera con bragas de repuesto al dorso (1978), ilustrado polo seu home. Expuxo a súa obra en Galicia, Madrid, Bos Aires, Roma, Florencia, Lisboa, París e Londres. Foi galardoada co segundo Premio Kramer na Bienal Hispanoamericana de Arte de 1964, co Premio Reconquista de Vigo en 1992 e nomeada Viguesa Distinguida nese mesmo ano. A súa pintura figura nas coleccións de varios museos galegos e americanos, e tamén en coleccións privadas. Mercedes non tivo fillos pero amadriñou e criou a súa sobriña, Graciela Baquero Ruibal, que hoxe custodia a súa obra e que nos acompaña neste capítulo narrando algunhas das pasaxes da súa vida, estreitamente conectada coas diferentes etapas da súa pintura.

Show more...
11 months ago
50 minutes 30 seconds

Aquí faltan páxinas
Avance: Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928-2003)

Naceu na parroquia pontevedresa de Xeve, nunha familia republicana de grandes inquedanzas artísticas que se viu obrigada a emigrar por mor da guerra. O seu pai era un apaixonado da música e da literatura, a súa nai, unha pintora naíf, o seu irmán José, dramaturgo, e a súa irmá Ángeles, cantante. Teté —o nome familiar de Mercedes— pasou a súa infancia e adolescencia en Xeve, ata que con vinte anos emigrou a Bos Aires para reencontrarse co seu irmán José. Alí iniciouse na pintura con Laxeiro como amigo, mentor e mestre. Realizou a súa primeira mostra individual na Sala Rose Marie, en 1956, e, pouco despois, en 1957, regresou a Galicia xa convertida en pintora. Tras realizar unha serie de exposicións en Vigo, trasladouse a Madrid, onde traballou como deseñadora de cerámica, visitou repetidamente o Prado e estableceu unha relación con artistas dos faladoiros do Café Gijón. En 1959 casou co arquitecto e pintor Agustín Pérez Bellas; xuntos percorreron medio mundo e residiron en Roma, onde compartiu estudio con Rafael Alberti, quen mantivo unha grande amizade con ela e lle dedicou algúns poemas á súa pintura. No seu estilo expresionista percíbense as influencias de Laxeiro, Rouault e do Goya das pinturas negras, coa crítica social sempre presente.  Cando nunha ocasión lle preguntaron polos motivos que a levaban a pintar cousas escuras e ata monstruosas, dixo: "Eu son alegre, optimista. Non son cruel nin torturadora. A pintura, non obstante, sáeme dramática e, ademais, quero que me saia así. As cousas con forza son as que fan vibrar". En Vigo relacionouse con Lugrís, Laxeiro e Lodeiro, e reflectiu a súa peculiar personalidade no texto Confesiones de volatinera con bragas de repuesto al dorso (1978), ilustrado polo seu home. Expuxo a súa obra en Galicia, Madrid, Bos Aires, Roma, Florencia, Lisboa, París e Londres. Foi galardoada co segundo Premio Kramer na Bienal Hispanoamericana de Arte de 1964, co Premio Reconquista de Vigo en 1992 e nomeada Viguesa Distinguida nese mesmo ano. A súa pintura figura nas coleccións de varios museos galegos e americanos, e tamén en coleccións privadas. Mercedes non tivo fillos pero amadriñou e criou a súa sobriña, a poeta Graciela Baquero Ruibal, que hoxe custodia a súa obra. Falaremos con ela sobre as pasaxes da súa vida, estreitamente conectada coas diferentes etapas da súa vibrante pintura.

Show more...
12 months ago
1 minute 51 seconds

Aquí faltan páxinas
María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos

O 13 de xaneiro de 1892 naceu en Vigo María Pardo Trapote. A súa infancia transcorreu entre a quinta familiar do Troncal, no barrio vigués de Teis, e a cidade de Pontevedra, onde vivían seus avós maternos. Rematou con excelentes cualificacións os seus estudos na Sociedade Económica de Santiago e os cursos de piano e canto. A partir de 1913 comezou a destacar como unha brillante artista lírica e participou nun concurso no que obtivo unha pensión para ampliar os seus estudos en Italia, cunha estancia no conservatorio de Milán. A finais de 1915 constituíu un grupo musical coa violinista María Chaves, coa que realizou unha excursión artística por Galicia. Chegou a actuar tamén no Teatro Español de Madrid e en Portugal, onde casou en 1919. Tras unha etapa no país veciño emigrou aos Estados Unidos, onde comezou unha nova relación con Vicenzo Calvaresi, profesor de linguas romances, e pasou a ser coñecida como María Pardo de Calvaresi. En 1935 o seu nome apareceu nun programa da Sinfónica de Boston como soprano operística e profesora de canto. Esta gran dama da ópera faleceu en Boston o 9 de setembro de 1965, aos 73 anos, discípula do mestre, empresario teatral e director de ópera José Tolosa, e do barítono e profesor de música e declamación Ignacio Tabuyo y Muro. Neste capítulo contamos co testemuño da súa sobriña neta, Pilar de Saa, e coas achegas da musicóloga e investigadora Marieta Lorenzo, centrada na recuperación das figuras galegas da lírica nacional e internacional.

Show more...
1 year ago
36 minutes 25 seconds

Aquí faltan páxinas
Avance: María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos

O 13 de xaneiro de 1892 naceu en Vigo María Pardo Trapote. A súa infancia transcorreu entre a quinta familiar do Troncal, no barrio vigués de Teis, e a cidade de Pontevedra, onde vivían seus avós maternos. Rematou con excelentes cualificacións os seus estudos na Sociedade Económica de Santiago e os cursos de piano e canto. A partir de 1913 comezou a destacar como unha brillante artista lírica e participou nun concurso no que obtivo unha pensión para ampliar os seus estudos en Italia, cunha estancia no conservatorio de Milán. A finais de 1915 constituíu un grupo musical coa violinista María Chaves, coa que realizou unha excursión artística por Galicia. Chegou a actuar tamén no Teatro Español de Madrid e en Portugal, onde casou en 1919. Tras unha etapa no país veciño emigrou aos Estados Unidos, onde comezou unha nova relación con Vicenzo Calvaresi, profesor de linguas romances, e pasou a ser coñecida como María Pardo de Calvaresi. En 1935 o seu nome apareceu nun programa da Sinfónica de Boston como soprano operística e profesora de canto. Esta gran dama da ópera faleceu en Boston o 9 de setembro de 1965, aos 73 anos, discípula do mestre, empresario teatral e director de ópera José Tolosa, e do barítono e profesor de música e declamación Ignacio Tabuyo y Muro. No faladoiro correspondente a este capítulo convidamos a súa sobriña neta, Pilar de Saa, e a musicóloga e investigadora Marieta Lorenzo, centrada na recuperación das figuras galegas da lírica nacional e internacional.

Show more...
1 year ago
1 minute 56 seconds

Aquí faltan páxinas
Avance: Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora

Rebelde e apoderada, Urraca I de León foi a primeira monarca de Europa en exercer un reinado de pleno dereito. Filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as raíñas. A súa tía e homónima, Urraca de Zamora, instruíuna e serviulle de referente para non deixarse asoballar. Ela era tamén unha muller moi intelixente e rebelde que estudaba, participaba nas conversacións políticas, montaba dacabalo e ía de cacería cos seus irmáns. Non a deixaron gobernar pero proxectou na súa sobriña todo o que querería facer, e logrouno. Na España medieval de principios do século XII, nun mundo masculino onde as raíñas só podían dar herdeiros e contribuír co seu dote, a vida de Urraca I de León, alcumada a Temeraria polo seu carácter batallador, foi unha loita constante por conservar o poder e a integridade dos seus feudos ante as ameazas das e dos inimigos e dos seus propios parentes. As e os partidarios do seu fillo chegaron a cercala no castelo de Sobroso pero, malia as numerosas conspiracións, Urraca logrou gobernar en solitario ata o final da súa vida. Tras a súa morte, acusárona de reinar tiránica e femininamente e sufriu a condena da memoria ou damnatio memoriae, que durante moitos séculos ocultou o seu gran papel como unha das raíñas máis determinantes da historia de España, só polo feito de ser muller. No faladoiro deste capítulo convidamos a xornalista e escritora Isabel San Sebastián con motivo da publicación este mesmo ano do seu libro La Temeraria, centrado na vida da raíña Urraca, e contaremos tamén coa historiadora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela Carla Trincado, que centra a súa liña de estudo na historia das mulleres e, dentro desta, no poder feminino durante a Plena Idade Media, particularmente aquel exercido polas raíñas e infantas da península ibérica.

Show more...
1 year ago
2 minutes 12 seconds

Aquí faltan páxinas
As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón

Entre 1936 e 1943, calcúlase que preto de seis mil homes estiveron presos na illa de San Simón, situada na enseada da ría de Vigo, e convertida en presidio e campo de concentración durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Ao longo deste período, estímase que uns setecentos homes morreron alí de enfermidade e malnutrición a causa das terribles condicións de amoreamento, da falta de hixiene e de alimentos, e dos traballos forzados aos que estaban sometidos. Na contorna creouse unha rede de cooperación, grazas ás mulleres xenerosas e valentes que, mesmo sen teren vinculación ningunha cos presos, se ofreceron a lavarlles a roupa e a levarlles comida, mantas, menciñas, e moitas veces cartas de familiares agochadas entre a roupa. A estas mulleres coñecémolas como as lavandeiras ou as madriñas de San Simón. Arriscaron a súa vida por axudar a quen non cometeu máis delito que defender os valores da República e da liberdade. Moitas delas foron castigadas, multadas e represaliadas, mais continuaron, como auténticas heroínas anónimas que loitaron desde o cotián contra a barbarie e a inxustiza. Houbo presos que mesmo acabaron casando coa súa madriña. É a historia do triunfo do amor por riba do odio que asoma sempre no extremismo de toda ditadura. Neste faladoiro escoitaremos os testemuños que compartiron con nós as familias dalgunhas destas madriñas durante a xuntanza que organizou a Deputación de Pontevedra na illa de San Simón. Alí, no lugar no que sucedeu a barbarie, atravesadas polos ventos da memoria, algunhas persoas destas familias relatan as historias que viron ou lles escoitaron ás súas nais, tías e avoas, convertidas na voz dun pobo que non quere esquecer a lección aprendida; un legado de terribles episodios narrados con dor, tristeza e xenreira, que deixan constancia do comportamento exemplar das xentes de Redondela a través da solidariedade das súas madriñas, mulleres anónimas de todas as parroquias que levaron consolo a todos aqueles homes e que deixaron para a historia unha lección de heroísmo e xenerosidade sen cotas. 

Show more...
1 year ago
48 minutes 30 seconds

Aquí faltan páxinas
Avance - As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón

Entre 1936 e 1943, calcúlase que preto de seis mil homes estiveron presos na illa de San Simón, situada na enseada da ría de Vigo, e convertida en presidio e campo de concentración durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Ao longo deste período, estímase que uns setecentos homes morreron alí de enfermidade e malnutrición a causa das terribles condicións de amoreamento, da falta de hixiene e de alimentos, e dos traballos forzados aos que estaban sometidos. Na contorna creouse unha rede de cooperación, grazas ás mulleres xenerosas e valentes que, mesmo sen teren vinculación ningunha cos presos, se ofreceron a lavarlles a roupa e a levarlles comida, mantas, menciñas, e moitas veces cartas de familiares agochadas entre a roupa. A estas mulleres coñecémolas como as lavandeiras ou as madriñas de San Simón. Arriscaron a súa vida por axudar a quen non cometeu máis delito que defender os valores da República e da liberdade. Moitas delas foron castigadas, multadas e represaliadas, mais continuaron, como auténticas heroínas anónimas que loitaron desde o cotián contra a barbarie e a inxustiza. Houbo presos que mesmo acabaron casando coa súa madriña. É a historia do triunfo do amor por riba do odio que asoma sempre no extremismo de toda ditadura.

Show more...
1 year ago
1 minute 41 seconds

Aquí faltan páxinas
Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única

Neste capítulo a propia Mary Quintero —a primeira muller viva que forma parte da colección Aquí Faltan Páxinas— narra a súa fascinante historia, a dunha nena de Melide, nada na España dos anos trinta, que tivo a sorte de criarse nunha galería de cristal, que era como se lles chamaba na época aos estudios de fotografía. O seu pai fotografaba e a súa nai coloreaba. Ela, coma quen xoga, foino aprendendo todo. Fixo a súa primeira exposición en Lugo cando tiña 15 anos e, desde ese momento, o seu pai insistiu en que asinase co seu nome e animouna a ter o seu propio estudio, primeiro en Lugo e despois en Vigo, a onde chegou nos anos cincuenta para facer sesións fotográficas nas mellores casas da cidade, irrompendo nun mundo de homes no que destacaban fotógrafos do prestixio de Pacheco, Balín ou Ángel Llanos. Montou o seu estudio na céntrica rúa Urzáiz, no mesmo edificio onde vivía, e conciliou o oficio de fotógrafa, á fronte dun equipo de once persoas, coa crianza de dúas fillas e dous fillos. Cando chegou a fotografía a cor e ninguén parecía capaz de dominar a nova técnica, ela desenvolveu un sistema propio de retoque fotográfico que salvou o sector. A partir de aí, Kodak contratouna para darlles cursos a fotógrafos de todas partes. Tamén usou maxistralmente o proxector de fondos e, de novo, tivo que ensinar a moitos outros estudios a traballar con el. Compartiu os seus coñecementos dunha forma xenerosa en centos de congresos por todo o mundo e retratou varias xeracións da sociedade viguesa e moitos rostros coñecidos ao longo de 77 anos de carreira, nos que recibiu o respecto e a admiración das e dos seus colegas de profesión e os premios máis importantes. Hoxe experimenta coa pintura, a súa outra paixón, e asegura estar encantada coa fotografía dixital, aínda que a súa chegada lle obrigase a pechar o estudio.

Show more...
1 year ago
45 minutes 52 seconds

Aquí faltan páxinas
Avance: Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única

Este faladoiro completa as actividades programadas arredor de Mary Quintero, a primeira muller viva que forma parte da colección Aquí Faltan Páxinas, nas que tamén se inclúe a exposición sobre a súa traxectoria que pode visitarse na sede viguesa da Deputación de Pontevedra. No podcast, a propia Mary Quintero narra a súa fascinante historia, a dunha nena de Melide, nada na España dos anos trinta, que tivo a sorte de criarse nunha galería de cristal, que era como se lles chamaba na época aos estudios de fotografía. O seu pai fotografaba e a súa nai coloreaba. Ela, coma quen xoga, foino aprendendo todo. Fixo a súa primeira exposición en Lugo cando tiña 15 anos e, desde ese momento, o seu pai insistiu en que asinase co seu nome e animouna a ter o seu propio estudio, primeiro en Lugo e despois en Vigo, a onde chegou nos anos cincuenta para facer sesións fotográficas nas mellores casas da cidade, irrompendo nun mundo de homes no que destacaban fotógrafos do prestixio de Pacheco, Balín ou Ángel Llanos. Montou o seu estudio na céntrica rúa Urzáiz, no mesmo edificio onde vivía, e conciliou o oficio de fotógrafa, á fronte dun equipo de once persoas, coa crianza de dúas fillas e dous fillos. Cando chegou a fotografía a cor e ninguén parecía capaz de dominar a nova técnica, ela desenvolveu un sistema propio de retoque fotográfico que salvou o sector. A partir de aí, Kodak contratouna para darlles cursos a fotógrafos de todas partes. Tamén usou maxistralmente o proxector de fondos e, de novo, tivo que ensinar a moitos outros estudios a traballar con el. Compartiu os seus coñecementos dunha forma xenerosa en centos de congresos por todo o mundo e retratou varias xeracións da sociedade viguesa e moitos rostros coñecidos ao longo de 77 anos de carreira, nos que recibiu o respecto e a admiración das e dos seus colegas de profesión e os premios máis importantes. Hoxe experimenta coa pintura, a súa outra paixón, e asegura estar encantada coa fotografía dixital, aínda que a súa chegada lle obrigase a pechar o estudio.

Show more...
1 year ago
1 minute 45 seconds

Aquí faltan páxinas
Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis
Non se entendería a historia de Placeres Castellanos sen a de Víctor Fraiz. Nin a de Víctor sen a de Placeres. Con el casou moi nova, sendo el o seu mestre. Foi perseguido e asasinado polo bando franquista nos meses posteriores á sublevación de 1936, ao igual que os seus fillos Víctor Jesús, Vicente e Moncho. Aquel golpe mudou por completo a vida da que foi a primeira muller da Agrupación Socialista de Vigo. A súa existencia converteuse, máis que nunca, nunha loita pola súa dignidade e pola da súa familia. Entregouse ao coidado de nenas e nenos e persoas feridas ata que tivo que escapar ao sur de Francia, onde permaneceu en campos de internamento e entrou en contacto coa resistencia francesa, coa que colaborou como guerrilleira de enlace. Finalizada a guerra, o seu activismo feminista levouna a representar a Marsella, onde traballaba como xornalista, no Congreso Internacional de Mulleres que tivo lugar en París en novembro de 1945. Alí coincidiu con Dolores Ibárruri, a Pasionaria. En 1948 reuniuse en París co seu fillo pequeno, co que partiu á Arxentina en 1949. Cando volveu a Galicia en 1955 reencontrouse coa súa familia, alugou unha casa e dedicouse a intentar recuperar os anos perdidos ata o seu falecemento en 1971. Neste capítulo contamos coa voz da súa neta, Silvia Caldas, que conviviu con ela desde que regresou a Galicia ata a súa morte. Ela custodia o seu valioso legado: unha maleta con escritos, fotografías e algunha prenda significativa que Placeres lle entregou e que conserva xunto ás anécdotas e leccións de vida que a súa avoa lle transmitiu e que a marcaron profundamente.
Show more...
1 year ago
29 minutes 25 seconds

Aquí faltan páxinas
Avance - Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis

Non se entendería a historia de Placeres Castellanos sen a de Víctor Fraiz. Nin a de Víctor sen a de Placeres. Con el casou moi nova, sendo el o seu mestre. Foi perseguido e asasinado polo bando franquista nos meses posteriores á sublevación de 1936, ao igual que os seus fillos Víctor Jesús, Vicente e Moncho. Aquel golpe mudou por completo a vida da que foi a primeira muller da Agrupación Socialista de Vigo. A súa existencia converteuse, máis que nunca, nunha loita pola súa dignidade e pola da súa familia. Entregouse ao coidado de nenas e nenos e persoas feridas ata que tivo que escapar ao sur de Francia, onde permaneceu en campos de internamento e entrou en contacto coa resistencia francesa, coa que colaborou como guerrilleira de enlace. Finalizada a guerra, o seu activismo feminista levouna a representar a Marsella, onde traballaba como xornalista, no Congreso Internacional de Mulleres que tivo lugar en París en novembro de 1945. Alí coincidiu con Dolores Ibárruri, a Pasionaria. En 1948 reuniuse en París co seu fillo pequeno, co que partiu á Arxentina en 1949. Cando volveu a Galicia en 1955 reencontrouse coa súa familia, alugou unha casa e dedicouse a intentar recuperar os anos perdidos ata o seu falecemento en 1971. Falaremos coa súa neta, Silvia Caldas, que conviviu con ela desde que regresou a Galicia ata a súa morte. Ela custodia o seu valioso legado: unha maleta con escritos, fotografías e algunha prenda significativa que Placeres lle entregou e que conserva xunto ás anécdotas e leccións de vida que a súa avoa lle transmitiu e que a marcaron profundamente. 

Show more...
1 year ago
2 minutes 2 seconds

Aquí faltan páxinas
Avelina Valladares. A frustración de ser escritora na Galicia do século XIX

Pioneira da literatura galega, Avelina Valladares destaca por ser unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora en empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas. Non queda dela unha soa imaxe. O único que sabemos é que viviu na Ulla, que apenas saíu da súa casa de Vilancosta (A Estrada), que dedicou a súa vida a coidar da familia, que foi a irmá do escritor Marcial Valladares e que era unha fervente católica; unha muller que, malia ser extremadamente humilde, logrou romper coas normas sociais ao rexeitar unha e outra vez os pretendentes que a viñan “salvar” do seu estado de solteira porque ela xa se salvaba a si mesma a través da escrita, da poesía e da entrega ás demais persoas. Nun século xix marcado pola inestabilidade política e pola recuperación do galego na escrita, as voces do seu tempo eloxiárona comparándoa con Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal. Ademais dos seus textos, deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos executados con destreza. Avelina Valladares é un exemplo, un referente que hoxe permanece vixente a través do premio de poesía que leva o seu nome e que lles transmite o seu legado ás novas xeracións. Neste capítulo contamos coas voces de Mari Carmen Ferreirós, descendente de Avelina, e da investigadora Isabel Rei Sanmartim, nunhas declaracións gravadas por Nós Televisión para o filme documental O rexurdimento de Avelina Valladares. 

Show more...
1 year ago
22 minutes 44 seconds

Aquí faltan páxinas
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.