Home
Categories
EXPLORE
True Crime
Comedy
Business
Society & Culture
History
Sports
Health & Fitness
About Us
Contact Us
Copyright
© 2024 PodJoint
00:00 / 00:00
Sign in

or

Don't have an account?
Sign up
Forgot password
https://is1-ssl.mzstatic.com/image/thumb/Podcasts122/v4/4a/b6/31/4ab63168-66b6-5c40-562b-96c0180e441c/mza_7663774281900050574.jpg/600x600bb.jpg
Aquí faltan páxinas
Deputación de Pontevedra
52 episodes
4 days ago
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
Show more...
History
RSS
All content for Aquí faltan páxinas is the property of Deputación de Pontevedra and is served directly from their servers with no modification, redirects, or rehosting. The podcast is not affiliated with or endorsed by Podjoint in any way.
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
Show more...
History
https://d3t3ozftmdmh3i.cloudfront.net/staging/podcast_uploaded_episode/35217673/35217673-1757064473466-285814af37bfb.jpg
Prólogo
Aquí faltan páxinas
5 minutes 24 seconds
2 months ago
Prólogo

A terceira colección de Aquí Faltan Páxinas amplía a nosa xenealoxía de mulleres extraordinarias, coa adición de novas voces e historias que, malia seren esenciais para entender quen somos, quedaron á marxe do relato que se recolle nos libros. Neste percorrido detémonos en logros colectivos e vidas singulares, en pioneiras audaces e en grupos de mulleres anónimas que loitaron, resistiron e transformaron xuntas a realidade social para convertérense en referentes que hoxe nos inspiran. 

Abrimos a colección coas mulleres que en toda a provincia confeccionan as alfombras de flores, transmisoras dunha tradición ancestral e responsables da organización dun traballo comunitario e interxeracional que hoxe se proxecta ao mundo enteiro e que está a punto de ser recoñecido pola Unesco como patrimonio inmaterial da humanidade.

Poñemos en valor a historia de Juaniña, modista centenaria do Porriño, que desde nena fixo da costura unha paixón e unha forma de vida, e creou padróns de alta costura desde un pequeno taller que foi escola, memoria e comunidade.

Ademais, sumámonos á homenaxe que este ano se lles dedica con motivo das Letras Galegas ás cantareiras e tocadoras que manteñen vivo o noso rico patrimonio oral e musicalcun episodio especial sobre as mulleres da pequena parroquia de Gargamala, en Mondariz.

Tamén lembramos a loita das Nais Contra a Droga, que ergueron a voz contra o narcotráfico e transformaron a dor en mobilización cidadá, o que deu lugar a cambios lexislativos e sociais a través da Asociación Érguete, que celebra este ano en Vigo o seu 40.º aniversario. 

Rescatamos a figura de Concepción Pérez Iglesias, primeira alcaldesa galega e mestra respectada que na década de 1920 abriulles as portas da política ás mulleres. 

Entramos tamén no mundo do viño, onde as mulleres, invisibilizadas durante séculos, van asumindo nos últimos anos a xestión das adegas, con destacadas profesionais como Anónimas Viticultoras, e lideran proxectos premiados que vinculan viño, territorio e identidade.

Escoitamos o brillo da voz de Matilde Vázquez, soprano cambadesa que conquistou Madrid e os grandes teatros coas súas zarzuelas e deixou unha importante pegada no panorama lírico español. 

Recuperamos a memoria de Corona González Santos, unha das primeiras fotógrafas afeccionadas do país, ademais de filántropa e impulsora cultural, que deixou un arquivo de imaxes de gran valor histórico e artístico. 

Detémonos en Rita Fernández Queimadelos, pioneira galega da arquitectura e primeira muller en España en asinar proxectos, exemplo de talento e perseveranza nunha profesión dominada por homes. 

Celebramos a traxectoria da científica Marisol Soengas, recoñecida internacionalmente pola súa investigación contra o cancro, doenza que sufriu en primeira persoa, e firme defensora da presenza das mulleres na ciencia. 

Coñecemos a fantástica historia de Marina Ledo e Begoña Villar, primeiras policías locais en patrullar xuntas as rúas de Vigo, símbolo dun cambio de mentalidade e referentes para as novas xeracións de mulleres nas forzas de seguridade.

Reivindicamos a figura rebelde e moderna de Cruz Risco, pioneira do cinema galego, cineasta esquecida que comeza hoxe a recibir o recoñecemento que merece. 

Novas páxinas de logros individuais e colectivos, de proxectos de vangarda, de patrimonio custodiado por mulleres, de voces que resistiron e que abriron camiños para que hoxe poidamos continuar transitando as vías que nos han de levar a vivir en igualdade.