Home
Categories
EXPLORE
True Crime
Comedy
Business
Society & Culture
History
Sports
Health & Fitness
About Us
Contact Us
Copyright
© 2024 PodJoint
00:00 / 00:00
Sign in

or

Don't have an account?
Sign up
Forgot password
https://is1-ssl.mzstatic.com/image/thumb/Podcasts122/v4/4a/b6/31/4ab63168-66b6-5c40-562b-96c0180e441c/mza_7663774281900050574.jpg/600x600bb.jpg
Aquí faltan páxinas
Deputación de Pontevedra
52 episodes
3 days ago
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
Show more...
History
RSS
All content for Aquí faltan páxinas is the property of Deputación de Pontevedra and is served directly from their servers with no modification, redirects, or rehosting. The podcast is not affiliated with or endorsed by Podjoint in any way.
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
Show more...
History
https://d3t3ozftmdmh3i.cloudfront.net/staging/podcast_uploaded_episode/35217673/35217673-1732012183351-ebf2ad2847d8f.jpg
Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres
Aquí faltan páxinas
37 minutes 5 seconds
11 months ago
Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres

Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do 36 e acusárona de ser mala nai e de radicalizar o seu marido, Humberto, que foi executado; non obstante, os prexuízos de xénero das autoridades fascistas evitaron que Urania correse a mesma sorte. A ela enviárona ao inferno do penal de Santurrarán e as súas fillas quedaron a cargo da familia paterna, católica e conservadora, e creceron pensando que a súa nai as abandonara. Os dous nenos, maiores ca elas, recordábana como unha muller cariñosa e traballadora e intuían que o que escoitaban na casa das súas tías non era certo. Cando Urania saíu en liberdade e chegou a Vigo, as súas fillas renegaron dela, suceso que a xente comentaba, polo que decidiu instalarse co seu fillo Raúl en Lugo, onde sobreviviu colléndolles puntos ás medias, porque xa non podía dar clases de piano e solfexo como fixera antes da guerra. Unha tarde, mentres agardaba que o seu fillo a viñese buscar para ir ao cine, Urania morreu a causa dun tumor cerebral que non lle trataran no cárcere. Co tempo, as súas fillas entenderon quen foi en realidade a súa nai, pero xa era tarde. Só lles quedou o seu piano, que se converteu nun altar onde honrar a súa memoria. Neste capítulo contamos co testemuño da persoa que ata o de agora conseguiu reunir máis información sobre Urania Mella, a investigadora Iria Presa, que comezou en 2012 a estudar a vida e obra do pai de Urania, o anarquista e topógrafo vigués Ricardo Mella, e, en paralelo, a de Urania. Desde entón mantén o seu periplo investigador visitando arquivos e entrevistándose con persoas en Tui, A Coruña, Ferrol, Bilbao ou Barcelona; mais tamén en Montevideo, Bos Aires, A Habana, Nova York, San Francisco, Michigan ou México, onde continúa a investigar na actualidade.