Home
Categories
EXPLORE
True Crime
Comedy
Business
Society & Culture
History
Sports
Health & Fitness
About Us
Contact Us
Copyright
© 2024 PodJoint
00:00 / 00:00
Sign in

or

Don't have an account?
Sign up
Forgot password
https://is1-ssl.mzstatic.com/image/thumb/Podcasts116/v4/ce/ab/84/ceab84ac-0ef1-aedd-d2f3-0e14400094fc/mza_13924773926986999699.jpg/600x600bb.jpg
[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
Berrobamban
13 episodes
5 days ago
Un podcast de Berrobambán e NVelar escrito, dirixido e presentado por Paula Carballeira. Este podcast naceu a partir dun libro, publicado por Edicións Xerais en galego e por Diego Pun en castelán, que á súa vez xurdiu dos obradoiros sobre historias de medo que Paula Carballeira imparte en centros de ensino coma o IES Cacheiras de Teo ou o CEIP Trabenco de Leganés. Nos 13 capítulos do podcast atoparedes unha Paula ao máis estilo Hitchcock, historias cheas de intriga e misterio, algunhas delas incluídas no libro e outras de nova creación para alén doutras seccións que vos sorprenderán.
Show more...
Books
Arts
RSS
All content for [GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo is the property of Berrobamban and is served directly from their servers with no modification, redirects, or rehosting. The podcast is not affiliated with or endorsed by Podjoint in any way.
Un podcast de Berrobambán e NVelar escrito, dirixido e presentado por Paula Carballeira. Este podcast naceu a partir dun libro, publicado por Edicións Xerais en galego e por Diego Pun en castelán, que á súa vez xurdiu dos obradoiros sobre historias de medo que Paula Carballeira imparte en centros de ensino coma o IES Cacheiras de Teo ou o CEIP Trabenco de Leganés. Nos 13 capítulos do podcast atoparedes unha Paula ao máis estilo Hitchcock, historias cheas de intriga e misterio, algunhas delas incluídas no libro e outras de nova creación para alén doutras seccións que vos sorprenderán.
Show more...
Books
Arts
Episodes (13/13)
[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 13 - CONTAXIO

O medo ao contaxio xurdiu con forza despois da pandemia de COVID do ano 2019, pero sempre estivo presente. Algúns relatos de terrorbeben del, e mesmo lle dan un xiro inesperado.

Deixamos para o episodio número 13 do noso podcast un dos temores que máis nos asustan e a entrevista coa recoñecida autora Ledicia Costas, que tanto ten escrito sobre o tema, en diferentes formatos e para lectoras e lectores de todas as idades.

Síguenos en https://www.instagram.com/berrobamban e participa nos sorteos de exmplares de 13 Avisos asinados por Paula Carballeira

Show more...
1 year ago
27 minutes 58 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 12 - ÁRBORES SINISTRAS

Unha árbore seca retorcendo as ramas cara ao chan ou cara ao ceo avísanos de que a morte non anda moi lonxe, quizais engruñada nas súas propias raíces. No relato de hoxe, esa árbore está no medio dunha urbanización, resistindo o paso do tempo. Ademais, descubriremos unha historia do noso ataúde de cartón e entrevistaremos a Nate Borrajo, actriz, autora e profesora, arredor do seu traballo e do libro “13 avisos. Contos para ler pola noite” que emprega para traballar a creación literaria e a expresión oral co seu alumnado.

Show more...
1 year ago
29 minutes 28 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 11 - APARICIÓNS

Acosar para que ninguén nos acose. Se cadra fixemos iso algunha vez, e sentímonos culpables de covardía, de medo. O conto deste capítulo fala das terribles consecuencias e, ademais, leremos outro relato non menos inquietante na sección “Historias do ataúde” e entrevistaremos a Xaime Lis, da libraría Kómic, para saber un pouco máis do terror na banda deseñada e coñecer as súas preferencias

Show more...
1 year ago
26 minutes 8 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 10 - FLORES MURCHAS

Que segredos se agochan entre a veciñanza? Quen son realmente as persoas coas que nos cruzamos cada día? Que sabemos delas? Pouco, moi pouco. Por iso temos tanta curiosidade. Neste episodio falaremos do que nos avisa o cheiro a flores murchas, leremos un pequeno relato do noso ataúde de cartón e entrevistaremos a Alicia..., unha creadora moi nova e cunha gran sensibilidade artística.

Show more...
1 year ago
24 minutes 52 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 9 - UN COELLO CUN COITELO

O medo e a tolemia están tan preto que ás veces os confundimos. Temos pánico a ver o que ninguén ve, a que nos acose unha imaxe estraña e ameazante, que vive porque nós a alimentamos. Diso trataremos neste episodio, e falaremos con Quico Cadaval, un extraordinario narrador, arredor dos medos e da súa sesión de contos “Fantasmas familiares”.

Show more...
1 year ago
30 minutes 29 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 8 - A RAPAZA DO ESPELLO

As lendas urbanas están nos límites de realidade. Dámos por feito que aconteceron, cremos as testemuñas que nolas contas ou a quen llelas contaron. Unha das máis coñecidas é a da rapaza que se aparece cando a invocas diante dun espello, e é que os espellos sempre nos desacougan. Ademais, neste capítulo entrevistamos a Emma Pedreira, que nos falará do seu libro “A parte dos anxos”, una orixinal mestura de terror, humor e tenrura.

Show more...
1 year ago
24 minutes 16 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 7 - LAVAR DE NOITE

A noite é o momento do misterioso, onde se manifestan as diferentes formas do descoñecido. Podemos interferir coa nosa presenza, tan insistente, se sabemos como confrontar o que nos atopemos. Parece que ninguén lava xa nos lavadoiros dos ríos. Parece. Atrevédevos a descubir os nosos relatos e a escoitar a entrevista co recoñecido escritor Carlos Negro, un creador sen límites dentro da literatura que nos fala do medo e da súa novela “Non cantan paxaros neste bosque”, cun título tan intrigante como o que garda dentro.

Show more...
1 year ago
25 minutes 2 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 6 - CASAS ABANDONADAS

Hai unha casa abandonada sempre preto, chea de misterios e segredos, e non podemos evitar querer entrar nela, pícanos tanto a curiosidade que esquecemos os riscos. Neste episodio contaremos algunhas historias de casas abandonadas, e tamén descubriremos un microrrelato do noso pequeno ataúde de cartón, e entrevistaremos a Juan Lago, profesor e asesor de Educación, unha das persoas que contribuiu co libro de "13 avisos" falándonos da Casa do Medo de Louro.

Show more...
1 year ago
27 minutes 21 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 5 - OBXECTOS MALDITOS

Obxectos malditos son aqueles que atraen ou gardan ánimas en pena, espíritos con sede de vinganza, desgrazas sen razón aparente. Neste episodio falaremos da ouija, ese taboleiro que nos permite comunicarnos co Alén, e entrevistaremos a Chus Rodríguez, profesora no IES de Cacheiras, onde cada curso Paula Carballeira imparte un obradoiro sobre como contar contos de medo, a partir do cal xorden as ideas para escribir as historias de "13 avisos".

Show more...
1 year ago
29 minutes 56 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 4 - PESADELOS

Non podedes evitar soñar, nin ter pesadelos. Polo xeral, tranquilizámonos ao espertar, pero, que acontecería se os pesadelos irrompen tamén na nosa vida á luz do día? Diso falaremos neste episodio, no que tamén leremos algún microrrelato e entrevistaremos a Fran Alonso, autor do libro "A curva da pantasma" e responsable de Edicións Xerais de Galicia, editorial na que está publicado "13 avisos".

Show more...
1 year ago
27 minutes 49 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 3 - RÚAS SEN SAÍDA

Atopástesvos algunha vez nunha rúa sen saída? Tivestes a sensación de que algo ou alguén está detrás, agardando pacientemente a que vos deades a volta? Neste episodio contaremos unha lenda urbana asociada a esas rúas ou calellas sen saída que hai en todas as cidades, abriremos o ataúde de cartón dos microrrelatos e entrevistaremos a Yoshi Hioki, narrador xaponés residente en Barcelona, para que nos fale das lendas urbanas xaponesas, de Yokais e dos seus propios medos.

Show more...
1 year ago
27 minutes 42 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 2 - BONECOS E BONECAS

Xa está dispoñible o segundo episodio de “13 AVISOS”. Desta vez, temos como protagonistas bonecos e bonecas do lado sinistro e entrevistaremos á escritora e especialista no Próximo Oriente Antiguo Erica Couto Ferreira ... Correde a escoitalo!
E lembrade, se queredes gañar un libro de 13 AVISOS dedicado pola autora, Paula Carballeira, participade no concurso, compartide o voso microrrelato, deixade que a vosa imaxinación voe polos lugares máis escuros...

As bases están na publicación fixada e nas historias destacadas do noso instagram.

Show more...
1 year ago
29 minutes 43 seconds

[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
CAP 1 - GOLPES NA PAREDE

Sabedes que significa escoitar tres golpes na parede, especialmente nas noites de inverno, cando a néboa nos envolve? É un aviso de que algo extraordinario vai acontecer, algo relacionado co misterio e co medo que lles temos aos feitos que non podemos explicar. Contaremos un par de historias arredor deste aviso, abriremos o ataúde de cartón que garda os microrrelatos de quen quere compartir connosco os seus terrores e falaremos con Iria Fafián, a ilustradora do libro que deu orixe a este podcast publicado en Edicións Xerais.

Show more...
1 year ago
24 minutes 20 seconds