Home
Categories
EXPLORE
True Crime
Comedy
Society & Culture
Business
Sports
TV & Film
Health & Fitness
About Us
Contact Us
Copyright
© 2024 PodJoint
00:00 / 00:00
Sign in

or

Don't have an account?
Sign up
Forgot password
https://is1-ssl.mzstatic.com/image/thumb/Podcasts125/v4/93/75/c3/9375c324-3ea4-8186-adac-7366bbfd26e0/mza_5146395779411082668.jpg/600x600bb.jpg
No fondo
Raquel Couto Antelo
56 episodes
21 hours ago
Un maremoto asulaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandoada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos que atraen ó turismo cando baixa a marea ou recuperando cousas que quedaron atrapadas na zona asulagada. Dentro deste último grupo está Xiana, que aproveita moi ben os recursos que lle ofrece a nova situación.
Show more...
Comedy Fiction
Fiction
RSS
All content for No fondo is the property of Raquel Couto Antelo and is served directly from their servers with no modification, redirects, or rehosting. The podcast is not affiliated with or endorsed by Podjoint in any way.
Un maremoto asulaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandoada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos que atraen ó turismo cando baixa a marea ou recuperando cousas que quedaron atrapadas na zona asulagada. Dentro deste último grupo está Xiana, que aproveita moi ben os recursos que lle ofrece a nova situación.
Show more...
Comedy Fiction
Fiction
Episodes (20/56)
No fondo
No fondo: capítulos de 41 a 51

Agrupación dos derradeiros once capítulos da novela No Fondo, sen interrupcións.

Show more...
3 years ago
1 hour 27 minutes 19 seconds

No fondo
Capítulo 51. O mar sempre volve ó seu

Este é o derradeiro capítulo da novela No fondo, e non vou poñer nin sequera un pequeno adianto do seu contido e iso que eu son desas ás que lles gusta saber o final para valorar se a historia paga a pena. O que si vou facer é agradecerche que escoitases os cincuenta capítulos anteriores, ou, ou que os vaias escoitar se miraches o final no libro e pensas que vai pagar a pena (Podes descargar a novela de balde en: https://www.bubok.es/libros/172734/No-fondo).

Show more...
3 years ago
16 minutes 4 seconds

No fondo
Capítulo 50. Tempo de desconto

Xiana, Salva e Carlos quedan no Porto de Lorbé mentres ven desaparecer a lancha que as trouxo na escuridade da noite, poñendo punto final á historia do tesouro, á gaita da conspiración, á leria da Little Venice e á todo o que tiña que rematar; e aínda así, espera atopar a Ramón ó chegar á súa casa.

Show more...
3 years ago
7 minutes 11 seconds

No fondo
Capítulo 49. Conta atrás

Andrés bota a correr aproveitando que Carlos se distraiu ca presencia de Xiana e Salva. Cando Carlos nota a súa falta bota a andar polo hangar seguindo uns pasos que escoita ó fondo dun corredor. Xiana e máis Salva van detrás del sen decatarse de que cada vez está máis escuro, de que descoñecen o que as agarda dentro e de que xa non saben por onde hai que saír.

Show more...
3 years ago
7 minutes 31 seconds

No fondo
Capítulo 48. Contrarreloxo

Carlos leva a Andrés collido polo pescozo e a punta de pistola ó hangar dos helicópteros plegables, para que lle dea os cartos dos que lle oiu falar ó seu sogro. E, pese ás advertencias de Carlos, Xiana y Salva van detrás deles e cando entran no hangar, ven a Carlos dando voltas mirando ó teito desesperado.

Show more...
3 years ago
5 minutes 41 seconds

No fondo
Capítulo 47. Adrenalina

Xiana desperta no chan da súa casa diante de Sandra, Salva, Paco, Alberto, Andrés e Alicia. A parte da sorpresa alegre de volver ver a Sandra despois duns días sen saber dela e a vergoña de despertar espida diante de tanta xente, vai levar un bo susto.

Show more...
3 years ago
6 minutes 45 seconds

No fondo
Capítulo 46. Tocando fondo

Despois de entregarlle as escrituras á Concellala van á casa de Xiana, ela desconfía da actitude de Ramón, pensa que el sospeita algo das escrituras que lle roubou, pero, en realidade, a cousa non vai por aí.

Show more...
3 years ago
5 minutes 50 seconds

No fondo
Capítulo 45. Poder

No camiño da casa de Argimiro ó punto de entrega das escrituras á concellala, Xiana sinte o poder das escrituras e cae na tentación de coller tres delas, aproveitando que Ramón está concentrado en chegar a tempo. O problema vai ser atopar onde agochalas para que Ramón non a descubra.

Show more...
3 years ago
11 minutes 1 second

No fondo
Capítulo 44. Argimiro reload

Unha vez Ramón se "decata" de que as escrituras non son auténticas volven á casa de Argimiro, entra adoecido e ameázao con destruír o máis preciado que ten se non lle entrega as escrituras verdadeiras.

Show more...
3 years ago
5 minutes 9 seconds

No fondo
Capítulo 43. Argimiro disconection

Xiana e Ramón volven ca carpeta das escrituras que lles dou Argimiro. Fan unha parada no hotel de Ramón onde éste selecciona unhas escrituras, que lle dá a Xiana para gardar mentres el vai entregarlle á Concellala a carpeta co resto das escrituras. Por pasar o tempo, Xiana, xa na súa casa, bótalle un ollo ás escrituras que colliu Ramón.

Show more...
3 years ago
7 minutes 24 seconds

No fondo
Capítulo 42. Argimiro conection

Argimiro é un funcionario gris dos funcionarios grises de toda a vida, con sona de home íntegro porque nunca ansiara participar nas intrigas do Concello. É por iso que as concellalas pensan nel para que lles bote unha man co das escrituras, poñendolle ó alcance da man unha oportunidade que nunca soñara.

Show more...
3 years ago
8 minutes 29 seconds

No fondo
Capítulo 41. Amencer

Xiana e Ramón despertan no Dique de Abrigo, o bosque desapareciu e a marea está baixando. Ramón fala ca concellala para averiguar a identidade do seu cómplice e quedan con el para falar das escrituras.

Show more...
3 years ago
7 minutes 39 seconds

No fondo
No fondo: capítulos de 31 a 40

Agrupación dos dez capítulos da novela No Fondo, sen interrupcións.

Show more...
3 years ago
1 hour 12 minutes 49 seconds

No fondo
Capítulo 40. Fiando fino

O concellal sabe que se lle foi a lingua co seu xenro e chama a Andrés para ver como vai a cousa. Andrés está no hangar supervisando a descarga dos maletíns, cando Ramón chega e se pon a abrilos con moita ansia.

Show more...
3 years ago
6 minutes 8 seconds

No fondo
Capítulo 39. Tecendo a tea

Carlos decide chamar a Salva para tratar de sacarlle algo de información e chegar ós cartos antes que o seu sogro. Salva pensa que quere falar do seu caso e insístelle para quedar esa mesma noite. Quedan nun bar e, tras unhas compas, Salva acaba contándolle toda a historia.

Show more...
3 years ago
6 minutes 59 seconds

No fondo
Capítulo 38. O bosque animado

Xiana e Ramón camiñan polo bosque sen rumbo, só guiadas pola marea e rematan nun peñasco ó final do Dique de Abrigo porque Ramón cansa de andar e teme morrer afogado, claro que dicirlle a Xiana que na vida hai máis ca cartos, tampouco lle axuda moito a sobrevivir.

Show more...
3 years ago
5 minutes 10 seconds

No fondo
Capítulo 37. Que dixeches que dixen?

Alberto vai todo o camiño cara a casa de Xiana pensando na maneira de escaquearse. Por sorte, cando están diante do posto de filloas, a piques de comezar co plan, aparecen unhas turistas que lle enchen o ollo a Andrés e ambos marchan con elas, librándose ter que "entreter" a Salva; aínda que terán que volver para rematar o traballo.

Show more...
3 years ago
6 minutes 17 seconds

No fondo
Capítulo 36. Que dis que dixeches?

A Alberto non lle parece ben o plan que traza Ramón para quedar cos cartos unha vez Xiana os saque das profundidades, e moito menos ben lle parece a idea que lle plantexa de que ten que "entreter" a Salva, mentres él se encarga de Xiana.

Show more...
3 years ago
7 minutes 9 seconds

No fondo
Capítulo 35. Perdid@s

Xiana e Ramón adéntranse no bosque que naciu da semente dun metrosidero dos que había nos antigos Xardíns de Méndez Núñez. Ela faino aproveitando a cara de pánico de Ramón, coma unha coacción sutil para facerlle confesar todo o que ten que confesar, sen decatarse de que, ela, tampouco ten demasiada experiencia camiñando por aquela zona.

Show more...
3 years ago
5 minutes 50 seconds

No fondo
Capítulo 34. Conspiración

María, Josefa e Carme afrontan xuntas o trato inxusto que reciben o seus departamentos en favor do de Urbanismo, e deciden urdir un plan para sacar proveito da operación que sospeitan que están artellando desde o Concello polo do maremoto.

Show more...
3 years ago
10 minutes 30 seconds

No fondo
Un maremoto asulaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandoada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos que atraen ó turismo cando baixa a marea ou recuperando cousas que quedaron atrapadas na zona asulagada. Dentro deste último grupo está Xiana, que aproveita moi ben os recursos que lle ofrece a nova situación.