Home
Categories
EXPLORE
True Crime
Comedy
Society & Culture
Business
Sports
Health & Fitness
Technology
About Us
Contact Us
Copyright
© 2024 PodJoint
Loading...
0:00 / 0:00
Podjoint Logo
US
Sign in

or

Don't have an account?
Sign up
Forgot password
https://is1-ssl.mzstatic.com/image/thumb/Podcasts211/v4/04/16/e8/0416e8b5-6e48-762f-10ce-4b9ab839c8fb/mza_7737998139397351478.jpg/600x600bb.jpg
Malva e Duarte non calan
Malva e Duarte
54 episodes
4 days ago
Un podcast da Revista Luzes no que Malva e Duarte non calan
Show more...
True Crime
RSS
All content for Malva e Duarte non calan is the property of Malva e Duarte and is served directly from their servers with no modification, redirects, or rehosting. The podcast is not affiliated with or endorsed by Podjoint in any way.
Un podcast da Revista Luzes no que Malva e Duarte non calan
Show more...
True Crime
Episodes (20/54)
Malva e Duarte non calan
Algún día deixaremos de falar de Taylor Swift

Volven as semanas das tanxentes! Neste novo episodio deixamos as historias a un lado para esbardallar de varios temas: comezamos coa xente que decide subir montes na súa crise dos 40; seguimos co pique entre Charlie XCX e Taylor Swift; e facemos unha pequena pausa para comentar as películas deste ano.

Show more...
1 week ago
59 minutes 54 seconds

Malva e Duarte non calan
Nelly Bly e o xornalismo “stunt”

Esta semana Malva e Duarte falan sobre Nelly Bly, Nelly Brown ou Elizabeth Cochran, xornalista de “stunt” que se coou en manicomios, deu a volta ao mundo en menos de 80 días e foi expulsada de México.

As tanxentes inclúen o tema da hixiene persoal e non podemos prometer que Taylor Swift non sexa mencionada.

Show more...
2 weeks ago
1 hour 1 minute 43 seconds

Malva e Duarte non calan
O Palmar de Troia, parte II

Seguimos co Palmar de Troia! Nesta segunda parte repasamos a caída de Clemente e do seu séquito, descubrimos como a Igrexa Palmariana chegou a retocar a Biblia ao seu gusto e exploramos de que maneira esas modificacións seguen marcando o día a día da secta na actualidade.

Show more...
1 month ago
1 hour 11 minutes 24 seconds

Malva e Duarte non calan
O Palmar de Troia, parte I

Esta semana… Malva e Duarte falan de sectas. No primeiro episodio de Duarte desta primeira tempada, o pobre preparouse un guión tan longo que temos que dividir o episodio en dúas partes. Nesta primeira volta Duarte introdúcenos no mundo do Palmar de Troya mentres falamos de que diferencia a unha relixión dunha secta, títulos nobiliarios e crianzas atopándose á Virxe en prados.

Show more...
1 month ago
1 hour 8 minutes 11 seconds

Malva e Duarte non calan
Episodio 1 - As fadas de Cottingley

🧚‍♀️ Volvemos (contra todo prognóstico). No primeiro episodio da nova tempada metémonos no tema do espiritismo, Houdini e Sir Arthur Conan Doyle para falar das fadas de Cottingley.

Falamos de emigrar ao Reino Undo, do espiritismo mainstream e fotos trucadas… ou non!

Show more...
1 month ago
1 hour 1 minute 28 seconds

Malva e Duarte non calan
Episodio 0 - Non estabamos mortes

Boa día, boa tarde, boa noite e benvides unha semana máis a Malva e Duarte… non calan??

Este episodio é só para poñervos ao día: cambiamos de nome, abrimos a veda, e agora falamos o que nos dea a gana. Xa non só misterios (que tamén), senón calquera historia que nos guste.

E é que on estabamos mortes! Estabamos de viaxe.

Show more...
2 months ago
55 minutes 55 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E27 - As Peores Persoas do Mundo (Malva's Version)

Esta semana Malva e Duarte volven para falar sobre unha nova horrible persoa. Malva cóntanolo todo sobre alguén cuxa maldade tivo unhas consecuencias que seguen estando claramente presentes e vixentes a día de hoxe.

Ligazóns de interese:

Situación no Congo: https://www.acnur.org/es-es/emergencias/emergencia-en-republica-democratica-del-congo

Situación en Sudán: https://www.amnesty.org/es/latest/news/2024/04/sudan-one-year-since-conflict-began-response-from-international-community-remains-woefully-inadequate/

Show more...
1 year ago
58 minutes 33 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E26 - As Peores Persoas do Mundo (Duarte's Version)

ADVERTENCIA DE CONTIDO: Mencións de violencia física e psicolóxica cara mulleres, mencións sobre o suicidio.

Xa na recta final da tempada, traemos un especial sobre cales son as peores persoas da historia na nosa opinión. Nesta primeira parte, Duarte narra a violenta vida dunha celebridade cara as mulleres do seu círculo e a súa propia familia, feitos que non adoitan a nomearse cando se fala da sua obra.

Show more...
1 year ago
55 minutes 57 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E25 - Infidelidades e grupos de amigos

As tanxentes desta semana acabaron sendo bastante máis temáticas (e intimas) do que pensabamos cando comezamos a gravar. Falamos das implicacións das infidelidades entre parellas e como é romper co teu grupo de amigos, con Ariana Grande como fío conector.

Show more...
1 year ago
1 hour 18 minutes 33 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E24 - Misterios de Boiro con Olaxonmario

Esta semana, Malva, Duarte e Mestre Mateo nominated Youtuber Olaxonmario exploran os misterios máis emblemáticos da ilustre vila de Boiro, a Santa Compaña e Kate Middleton.

Show more...
1 year ago
1 hour 4 minutes 39 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E23 - Boicots, educación sexual e pornografía.

Esta semana, Malva e Duarte volven co seu xa habitual popurrí de tanxentes. Falamos de Linkedin, da fama das redes e, en especial, do boicot a Eurovisión, de como foron as nosas charlas de educación sexual e do dano que fai a pornografía na mocidade.

Show more...
1 year ago
1 hour 13 minutes 53 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E22 - O pánico satánico

ADVERTENCIA DE CONTIDO: Mencións de abuso sexual infantil e sacrificios animais.

Esta semana Malva cumple a súa promesa e fálanos dun fenómeno moi misterioso: o Pánico Satánico da década dos 80. Por que comezou? Cales son os seus antecedentes históricos? Como está relacionado co boom das sectas? Todo isto e máis neste capítulo de Malva e Duarte falan de misterios.

Show more...
1 year ago
1 hour 7 minutes 47 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E21 - Super Bowl, Altura e Apps de Citas

Esta semana Malva e Duarte falan de pequenos terrorismos que se poden cometer en festas universitarias, o Súper Bowl e os altos e os baixos das aplicacións de citas. Podedes donar a Gofundmes para axudar a xente a evacuar de Gaza nesta ligazóns: https://docs.google.com/spreadsheets/d/1vtMLLOzuc6GpkFySyVtKQOY2j-Vvg0UsChMCFst_WLA/htmlview

Show more...
1 year ago
1 hour 1 minute 10 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E20 - Os nenos verdes de Woolpit

Regresamos do entroido con novo misterio!

Desta vez, retrocedemos nove séculos para contar a historia de dous irmáns de Woolpit, unha pequena vila inglesa, e o día que apareceron en estranas circunstancias… ca pel de cor verde!

Show more...
1 year ago
1 hour 2 minutes 44 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E19 - Homofobia, Gordofobia e os Oscars

Esta semana as tanxentes son unha mestura de temas. Comezamos falando un chisco sobre os prexuizos asociados aos códigos de vestimenta, a orientación sexual e a gordofobia, para rematar ca nosa opinión sobre as (non) nominacións de Greta Gerwig e Margot Robbie nos Oscars.

Show more...
1 year ago
1 hour 4 minutes 28 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E18 - Quen matou todas esas vacas en Kansas?

Volvemos as nosas raíces! Esta semana Malva nárralle a Duarte un episodio como os da primeira tempada, no que especulan quen estivo detrás de milleiros de mutilacións de gando nos 70 en Kansas, Colorado, Nebraska e todos eses estados nos EEUU aos que sempre van os aliens. Quen lle pasou a Snippy a besta? Que relación ten isto co pánico satánico? Con que animal mitolóxico ten Duarte unha especial obsesión?

Show more...
1 year ago
1 hour 10 minutes 17 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E17 - Letterboxd Awards 2024

Esta semana presentámosvos o Malva e Duarte Awards, nos que miramos a todas as películas que temos en común en Letterboxd e entregamos premios tan importantes como: Performance Que Serviu Máis Cona Award, Como Acabei Vendo Esta Peli Award ou Premio Edgar Wright a Director Que Debería Parar de Escribir Guións.

Show more...
1 year ago
1 hour 33 minutes 42 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E16 - Insistimos, os aliens existen ou non?

Volvemos das vacacións de Nadal retomando o fenómeno OVNI nun novo debate no que poñemos enriba da mesa ás Momias de Nazca, unha xa famosa conferencia de 2023 na que se aportaba evidencia real sobre a existencia dos aliens. Pero bueno, polo medio tamén falamos de alcoholismo, dos neandertais, de Gypsy Rose e do grande que ten Malva a cabeza.

Show more...
1 year ago
1 hour 13 minutes 52 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E15 - Mais (Peores) Persoas do Ano de Time

Continuamos ca nosa análise das persoas gañadoras da Revista Time ata chegar ao 2023. Preparádevos para un montón de anticomunismo, presidentes dos estados unidos e personaxes recurrentes do podcast como os nosos queridos Elon Musk e Taylor Swift.

Show more...
1 year ago
1 hour 12 minutes 55 seconds

Malva e Duarte non calan
S03E14 - A (Peor) Persoa do Ano de Time

Esta semana, Malva volve do seu tour europeo para discutir un dos temas máis importantes ata agora: o que Malva e Duarte pensan sobre todes e cada unhe des gañadores de Persoa do Ano da revista Time desde o 1927.

Show more...
1 year ago
56 minutes 31 seconds

Malva e Duarte non calan
Un podcast da Revista Luzes no que Malva e Duarte non calan