Neste episodio visitamos a cidade de Lugo a través dunha entrevista con Noemi Basanta. Noemi é Adufeira de Salitre, formadora en Cántigas e Frores de Lugo, doutora en filoloxía e profesora de secundaria, con ela percorremos algúns trazos das músicas de tradición oral na nosa provincia e na cidade de Lugo. A entrevista lévanos tamén por algúns temas que atravesan o fenómeno da oralidade a nivel Galiza, como os roles de xénero, ou os papeis do agrupacionismo folcórico, asociacionismo cultural e a labor das institucións. Afondamos nestes temas que nos lanza Noemi con Bea Busto, etnomusicóloga. Coma sempre, o episodio, perlado de agasallos musicais por parte de Noemi Basanta.
Neste episodio compartimos unha conversa entre Antón Santamarina e Alba Cid realizada no marco do Tradfest organizada pola Central Folque. Antón, natural da Fonsagrada é unha figura fundamental para entender o xeito no que nos chegan as músicas de tradición oral xa que é coautor xunto a Dorothè Schubarth do “Cancioneiro Popular Galego” , obra de referencia pola súa magnitude e metodoloxía. Nesta conversa, repasa con Alba o contexto no que se realiza o cancioneiro así como en xeral a súa traxectoria
Neste episodio repasamos a actividade da Asociación Xermolos, organizadora do Festival de Pardiñas.
Para iso, contamos cunha intro de Xurxo Souto, así como entrevistas con “Rufi”, primeira mestra de baile da Escola de música de Xermolos, Alfonso Blanco, fundador e coordinador de Xermolos, Marina e Noemí Miraz, pertencentes á nova xeración de Xermolos e integrantes do Bolquinho e a Escola de Música. Para rematar, falamos con Xosé Arias, coordinador do último número da revista ”As nosas raíces”, editada por Xermolos e que se centra na figura do Reinote “O capador de Sesulfe”, improvisador oral que “falaba polo verso”.
Todo adubiado con sorpresas musicais e de improvisación oral.
Neste episodio continuamos pola Terra de Lemos da man da Vanessa de Vilaestava. Entrevistamos a Xosé Maceda, ex Quempallou e construtor de instrumentos de percusión. Tamén falamos con Nerea López, da Asociación Veciñal de Fornelas quen reflexiona sobre o impacto comunitario da celebración das Foliadas Guímaras, promovidas polo Concello da pobra do Brollón. Temos tamén unha sorpresiña en forma de conto por parte da cantareira e narradora María da Pontragha e outras sorpresiñas musicais
Neste avance entrevistamos a Carme López, que ven de presentar o seu traballo “Vinde Todas” co seu proxecto Carmela, finalista dos Premios Martín Códax. Reflexionamos con ela sobre a adaptación e modernización das coplas e músicas tradicionais. Acompáñanos a Vanessa de Vilaesteva na condución
Neste primeiro avance do episodio de Lemos, presentamos a Vanessa de Vilaesteva que nos acompañará por este territorio, entrevistamosa Sèchu Sende e Nuria Penas, falamos con Ramón Pinheiro (Chito), da Central Folque, reproducimos gravacións históricas dos brindeiros de Forgas e contamos cun “cameo” de Tegra de Tras o Couto. Un avance especial sobre o brindo, centrándodnos na súa dinamización a partir do traballo nas escolas, o Encontro Interescolar de brindo e outras estratexias que están a desenvolverse na Pobra do Brollón e Folgoso do Courel
Contido extra que inclúe a entrevista íntegra con Iria e Quique Penabad realizada durante as XEAM. No episodio, puidemos incluir un fragmento mais había moitos temas que tratar, así que aí vos queda a entrevista completa
Neste segundo Anaco do episodio 1, falamos con Manu Calviño, arqueólogo, experto no sector téxtil na Galiza e comisario da exposición “Tecedeiras: arte e talento na sombra”; entrevistamos a Xiana Teixeiro, etnomusicóloga de Foz que presentou nas XEAM o seu traballo sobre “Os Veiga” e “Os Pacheco”, comparsas mindonienses. Reamatamos con Ana Ermida e Dani García representantes institucionais que veñen do mundo asociativo
Neste anaco, ofrecemos unha entrevista con Sara García e Xacobo Ares da Asociación Tecedeira, organizadoras das Xornadas Etnográficas da Mariña. Falamos tamén con Tania Fernández da Chocolateira da Pontenova e con Laura e Xoán do grupo mariñao Tumba e Dálle. Coma sempre, sorpresas musicais.
A través das Xornadas Etnográficas da Mariña, realizamos un achegamento a este territorio da provincia. Neste episodio, atravesado polo asociacionismo conversamos con Xacobo Ares e Sara García da AC Tecedeira, con Tania Fernández da Chocolateira da Pontenova, con Iria Penabad, Adufeira de Salitre e Quique Penabad fundador da Agrupación Folclórica O Arco da Vella que este ano 2025 celebran 45 anos de actividade. Seguimos as conversas con Xoán e Laura do grupo Tumba e Dálle, Manuel Calviño, comisario da exposición Tecedeiras, Xiana Teixeiro, etnomusicóloga e Ana Ermida e Dani García, cargos institucionais nados no asociacionismo. Ademais, moitas sorpresas e pílulas musicais
Neste anaco do capítulo 00, falamos con Suso do Rei, fillo de Concha de Agrade, decubrindo o trazo máis humano e familiar da pandeireteira. Por suposto, con sorpresiñas musicais
Anaco do Episodio 0 sobre Concha de Agrade no que entrevistamos a Alba María sobre a creación nas cantareiras e sobre os xéneros do parrafeo e o romance. A poeta Noa Moreira recítanos un poema de Concha de Agrade
Comezamos serie de podcast cun episodio especial polo Día das Letras Galegas.
Homenaxeamos ás cantareiras da provincia de Lugo a través da figura de Concha de Agrade.
Neste episodio, Branca Villares e Xosé Gago falan con Suso do Rei, Alba María, Xulia Feixoó e Isa Vigo, ademais de moitas sorpresas musicais.
O episodio ofrece unha visión completa da figura de Concha de Agrade alén de aportar novos datos froito do proceso de investigación.