Hai contos que se resisten, coma as cereixas, que veñen da man, un detrás do outro, e saben a memoria viva. Botas os contos á boca, rir, emocionar, lembrar e resistir con retranca, poesía e música. Un lugar onde a tradición non é pasado, senón presente que latexa.
As narradoras Atenea García e Vero Rilo chegan coas falas das que non calaron, das que bailaron, cantaron e fixeron da vida un conto en galego. Coa pandeireta na man, neste ano no que conmemoramos a ás cantareiras e a todo o legado da transmisión oral da man de mulleres traen á escena un espectáculo para poñer a palabra no centro, o idioma na boca e as mulleres na voz.
Co patrocinio de Punto.gal.
Voltamos co programa! E desta vez orgullosas e agradecidas de contar co patrocinio de Punto.gal. Estivemos, igual que o ano pasado, no festival de cine Intersección, na Coruña. Tivemos o pracer de charlar con tres talentos da arte e da cultura galegas. Paula Pereira, cineasta, que presenta Algo novo que contar. Carlos Martínez, coa curta Maldito Espírito e Antía Iglesias, coa obra Adentro [Planta híbrida latendo]. Un mix ben interesante, co porto da Coruña como marco. Non se pode pedir máis!
Seguimos coa nosa visita a Ribadavia para participar do encontro de escritores/as gañadores/as do Premio Abrente de textos teatrais, histórico na nosa cultura. Tivemos dúas conversas. Na segunda, estiveron con nós Ernesto Is, Nerea Brey e Fran Godón. Para saber do que falamos, pasade a descubrilo! Foi un pracer.
Voltamos a Ribadavia! Neste caso para participar do encontro de escritores/as gañadores/as do Premio Abrente de textos teatrais, histórico na nosa cultura. Tivemos dúas conversas. Na primeira, estiveron con nós Esther Carrodeguas, Avelina Pérez e Roi Vidal. Para saber do que falamos, pasade a descubrilo! Foi un pracer.
Seguimos cos recordos de Cans! Estivemos charlando con dous referentes do festival, que este ano filmaron un documental baixo a dirección de Juanma Lodo. Cóntannos sobre a experiencia e moitas cousas máis!
Tremendo debate montamos no Torreiro de Cans! Charlamos con estas referentes da cultura, sobre o propio festival e diferentes temas do noso contexto actual. Uxía recibiu un dos premios de honra do ano, e Claudia e Anxos foron xurado este ano. Un pracer telas con nós! E tivemos público por primeira vez no podcast, marabilla. 🥰
Falamos con Mario para celebrar as nosas letras. Compuxo As Marxes para banda sinfónica, un percorrido sonoro pola Galicia de Dorothé Schubarth a través dos seus arquivos. Aproveitamos para charlar tamén sobre a súa traxectoria e outras historias.
Seguimos coa pausa do programa, mais facemos unha excepción para este evento fantástico. Un punto de encontro de diferentes manifestacións artísticas galegas. Tivemos a sorte e o pracer de charlar coas premiadas e os premiados do Departamento de Cultura da Diputación da Coruña. A gala foi levada por Susana Pedreira coa música de Alana, fantástic@s. Agardamos que disfrutedes tanto coma nós!!
Nace en Santiago de Compostela en 1997. É de Ordes. Técnica Superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña, dende pequena debuxaba os libros e cubría calquera superficie co bolígrafo. Interesouse polo debuxo de figuras e rostros, analizando as expresións e o qué decir con moi pouco. Nunca asistíu a clases particulares e considérase maiormente autodidacta. Foi en 2016 cando o muralismo bate no seu camiño gracias a obradoiros de iniciación a partir dos cales empeza a explorar novos mundos.
Encántalle crear o volumen a través de simples liñas. A súa paleta é en gran parte monocromática, utilizando tamén cores desaturadas e pouco estridentes. Participa en varios festivais de muralismo como desOrdes Creativas (Ordes), Muro Crítico (Cáceres), VICC (Vigo) ou Urbanidades do Eixo (Aveiro, Portugal). Actualmente traballa como ilustradora freelance e artista mural.
Brenda Mondelo (O Seixo, Pedrafita do Cebreiro, 1994) deuse a coñecer en 2022 coa publicación de O espello de Celia, un libro que lle valeu o Premio Xoán Díaz e no que conversaba cunha das últimas habitantes da súa aldea natal, falecida no 2017. Graduada en Xornalismo e Ciencias Políticas, gañou entre outros galardóns o (Re)inventando Xela Arias, de 2021. En todos os anos que pasou fóra da súa aldea, asegura, tivo sempre a necesidade de escribir sobre as persoas que poboaron un mundo que nalgúns momentos creu perder pero que logra recuperar a través da poesía.
Nerea Cordeiro (1999) vive e traballa entre Galicia e Madrid. Despois de cursar o grao en Belas Artes pola Universidade de Vigo, trasladouse á capital para facer un mestrado universitario en Investigación en Arte Contemporánea na Universidade Complutense. Actualmente forma parte do programa de doutoramento da mesma institución. Defínese como unha artista multidisciplinar, que adoita traballar coa instalación e coa intervención. Nestes momentos está a realizar unha investigación baseada nas prácticas artísticas, cuxa principal aspiración é abrir unha conversa arredor das posibilidades de converxencia que existen entre o debuxo e a escultura, entendendo a segunda como debuxo no espazo.
https://www.nereacordeiro.com/
De Ninghures é unha banda do novo folk galego que nace das inquedanzas de xente nova de diferentes puntos da nosa xeografía. Partindo da tradición galega, presentan un repertorio con claras influencias de músicas doutros pobos da Península Ibérica, América Latina ou o Magreb.
Sete mozas e mozos que se xuntan para ensinar o seu xeito de manter con vida a música tradicional nos tempos da globalización conforman este grupo, que anima ao baile e crea un ambiente de foliada fresca e frenética.
Nestes anos de traxectoria percorren diferentes salas e festivais do país, como Castelo Conta, Festigal, Festival da Poesía do Condado, Foliada da Fonsagrada, Festival Irmandiño de Moeche.... chegando a compartir escenario con artistas da categoría de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre ou Banda Bassotti. En 2019 son gañadores do concurso Novos Valores, ademais de finalistas do Proxecto Runas organizado polo Festival de Ortigueira.
Tocamos neste capítulo a situación do galego. Fernando Ramallo (Vigo, 1965) é catedrático de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo. Foi membro do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa (2013-2019) e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2018-2022) O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos o mesmo galego?, que significa ser bilingüe?, fala galego a mocidade?, pode facer máis o sistema educativo a prol do galego?, úsase o galego nas redes sociais?, como superar os prexuízos lingüísticos?, como podo eu contribuír ao futuro do idioma?, que sería Galicia sen o galego?, como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos?...
Iria Aldegunde empezou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e, tras cursar un ano, decidiu trasladar a matricula á UNED e inscribiuse en O Garaxe Hermético para formarse de xeito profesional no mundo da banda deseñada. Adaptou (facendo ela tanto texto como os debuxos e cor) a novela clásica da literatura galega Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Foi editada por Galaxia. Falamos disto e de bastante máis con ela.
Habitar o baleiro é un proxecto xornalístico multiplataforma con vocación de longo percorrido que nace para documentar a vida no rural de Galicia. O que foi, o que é, o que nace e o que desaparece, especialmente nas provincias de Ourense e Lugo, son piares fundamentais que constrúen o relato, axudan a entender o pasado e tamén a explicar o presente. A través de imaxes, infografías, textos, vídeos e audios, un colectivo formado polos xornalistas Cláudia Morán, Elisabet Fernández, Alba Moledo, Sergio Pascual e Lucía Abarrategui e o fotógrafo Brais Lorenzo, canda o apoio dos profesionais do audiovisual de Metropolis.coop. Son as historias do rural que merecen ser contadas. Para que o natural viva. Para que a memoria permaneza.
Activista da palabra armada e creadora do reguetón feminista, entre outras moitas cousas, Lúa Mosquetera é unha poeta miñona afeita a facer dos seus recitais en directo a escusa ideal para que o seu verbo se volva salvaxe e perigoso. Desa necesidade natural de expresarse xorde un cuadrilátero poético sen medias medidas. Xa sexa acompañada por Pablo Seijas, en formato acústico, ou a través da treboada eléctrica de Bala, o seu cara a cara co espectador provoca brutais estalidos de intensidade a quemarropa, sentimentos apaixonados que transcenden a súa proximidade á nosa vida cotiá. Dende o seu poemario, tecidos en cadencia libre, establécese unha conexión directa con cada un dos mecanismos condutuais que nos rodean continuamente, e que Lúa remexe nas súas intensas liñas retorcidas. Ou, como ela di: "Un poema é a fotografía dun sentimento que, cando se pon no papel, dura para sempre".
Como artista multidisciplinar, traballa fundamentalmente coa fotografía, a escritura e o vídeo. A súa linguaxe baséase na poética, nas posibilidades expresivas das imaxes e na hibridación de formas e formatos. Por outra banda, a súa experiencia e formación no cine e as artes escénicas aportan unha dimensión corporal e sonora a moitos dos seus proxectos, e aumentan a narratividade das súas propostas. O seu traballo responde ao medio que a rodea, tomando como puntos de partida as vivencias e as emocións, sobre todo arredor da memoria, do baleiro e dos vínculos, así como da meta-reflexión sobre a imaxe e os seus usos.
Paula é actriz. Naceu na Coruña. Na súa traxectoria xa van unha chea de espectáculos e aparicións en audiovisual. Falamos con ela do seu “Eu, Fraude!”, un espectáculo que fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser. Di ela: Abro o corazón e as entrañas e deixo que asomes a cabeza pola xanela da miña alma. Recito, bailo, conto e canto as miñas dores, as miñas alegrías, as miñas luces e as miñas máis témeras sombras. Hoxe estamos aquí para facerlle un canto á vida! Acompáñana (no escenario, non no podcast xD): Chus López ó saxo, Sandra Pérez na percusión e María Velasco á guitarra.
“Bookstagrammer”, na súa conta @littera_lupa. Comenta que a súa vida é ler, e acompaña as súas lecturas na difusión con flores. Coñecemos un pouco máis a esta inqueda, que comenta que a través da difusión pode recrearse, e así coñecer xente con gustos parecidos. Confesa que é pesada recomendando autoras como Jane Austen, as Brönte ou Andrea Maceiras.
Festival Internacional de Cine da Coruña aposta polas correntes máis libres do cinema de autor. A súa programación acolle películas independentes creadas desde o risco e a innovación. O festival indaga nas novas linguaxes cinematográficas e alberga obras creadas dende a valentía, a diversidade e a curiosidade. Ofrece ao público a posibilidade de ver narrativas non convencionais e rupturistas, que van desde o cine de autor ás correntes máis actuais do cinema de vangarda. Están con nós o seu director, Gonzalo E. Veloso; e a programadora, Andrea Franco.