Home
Categories
EXPLORE
True Crime
Comedy
Society & Culture
Business
Sports
Health & Fitness
Technology
About Us
Contact Us
Copyright
© 2024 PodJoint
Loading...
0:00 / 0:00
Podjoint Logo
US
Sign in

or

Don't have an account?
Sign up
Forgot password
https://is1-ssl.mzstatic.com/image/thumb/Podcasts221/v4/3c/77/bb/3c77bb6e-1b08-0ba5-db67-2afab8b522cc/mza_7130863441374195992.jpg/600x600bb.jpg
A actualidade está sobrevalorada
Luzes
128 episodes
1 week ago
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
Show more...
News
RSS
All content for A actualidade está sobrevalorada is the property of Luzes and is served directly from their servers with no modification, redirects, or rehosting. The podcast is not affiliated with or endorsed by Podjoint in any way.
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
Show more...
News
Episodes (20/128)
A actualidade está sobrevalorada
Unha bispa e dous santos

Temos unha bispa nova na oficina! Cristina Moreira vén de ser designada bispa pola Association of Roman Catholic Women Priest, un colectivo  católicas, apostólicas e romanas que reivindican o papel da muller dentro da Igrexa de toda a vida. Exercerá na Coruña, na Comunidade do Home (vaia!) Novo, aínda que non comprobamos se os seus actos litúrxicos de poden chamar misas ou non. Marta Otero Mayán (que tivo que meter o ordenador no conxelador para que se enfriase e quedou sen móbil antes de rematar o episodio) anda na súa procura para entrevistala, e os demais, Ana Luísa Bouza, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro felicitamos aos seus fegreses. E sen saír do sector, hai que felicitar a composteláns e compostelás en xeral pola decisión do Tribunal Supremo de facerlles devolver aos Franco a Santiago (ao Concello?, á Catedral?) a Abraham e Isaac, as figuras de pedra que un día estiveron no pórtico da Groria e desde mediados do século pasado, estiveron secuestrados no Pazo de Meirás.

E aínda quedou tempo para comentar a neutralidade ideolóxica que predica a Consellería de Educación e que permite a un alto cargo da Inspección, Enrique Prado Cuevas, ter e escribir opinións nazis. Ah, e falar do xuiz Peinado, que a día de hoxe cargaría a ABAU pola ortografía.

Show more...
4 months ago
36 minutes 39 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Uber, agresións e Koldo

Legalidade? Que é iso de legalidade? Unhas compañías de transporte comezan a desplegarse na Coruña e Vigo sen os correspondentes permisos dos respectivos concellos. Persoal sanitario e educativo (agora non, porque rematou o curso) sofren agresións, e a Administración ten que lembrar que facelo é un delito. E por último Koldo, ese home, que non soamente as facía, senón que as gravaba. Reguleros de saúde –mais sen agredir a ninguén– Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro analizan como poden esta enxurrada de irregularidades.

Show more...
4 months ago
40 minutes 53 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Madrid pon orde en Ourense

O que non conseguira Xénova (a rúa) cos Baltar, parece que o vai conseguir un grupúsculo de retórica comunista e ideas de estrema dereita que apareceron, procedentes de Madrid polo barrio ourensán d'O Vinteún para anunciarlles aos veciños preocupados pola inseguridade cidadá que a única xustiza que existe é a que hai nun bate de béisbol (na parte contraria á que se agarra en concreto). Non sabemos que opinará o alcalde González Jácome desta intromisión no seu territorio.Polo demais, aínda non se extinguiron os aplausos ao exconselleiro do Mar, Alfonso Villares o Aclamado, e o presidente Rueda xa lle contestou a oposición en sede parlamentaria que a culpa de todo téñena en Madrid (os que gobernan o Estado alí, enténdase). Finalmente, Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro concordan en que unha facultade de Medicina para Galicia é pouco (en Andalucía hai seis) e oes, se non queren crear outra na Coruña, pois que a poñan en...

Show more...
4 months ago
36 minutes 19 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Os conselleiros, ai os conselleiros!

Non foi unha semana fina para a nosa clase dirixente. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, dimite (entre aplausos!) ao ser notificado que está investigado por agresión sexual. E a Xunta fai un fiscal-xeral-do-estado ao revelar presuntamente a identidade da denunciante. E o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, líase na explicación dunha circular aos institutos sobre como manter a neutralidade ideolóxica en asuntos como Gaza ou Ucraína, poñendo como exemplo as patacas. Da o mesmo acompañar usar como gornición as fritidas como as cocidas (aínda que un nutricionista ou un cardiólogo non opinarían o mesmo) que estar a favor de Israel ou da poboación masacrada de Gaza, ou –o exemplo é tamén do conselleiro– poñer nas aulas as bandeiras de Ucraína ou de Rusia (solución: non se debe poñer ningunha).

Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Vázquez Hermida e Xosé Manuel Pereiro aseguran que farán o esforzo de aprenderse os nomes de todos os membros do Consello da Xunta, dada a importancia política de todos eles, que ata o momento descoñecían.

Show more...
5 months ago
46 minutes 6 seconds

A actualidade está sobrevalorada
As Guerras Médicas e unha recepción impresentable

Volven os 80 e as súas tolas desputas localistas? Marta Otero Mayán, secundada por Ana Luísa Bouza, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro explica que non, que a pretensión do rector da UDC, Ricardo Cao, de impartir Medicina vai máis alá do clásico «culo veo, culo quiero». Para ver se concordan ou non, terán que escoitar o podcast. Tamén para entender a postura de Alberto Núñez Feijóo e do PP sobre do uso do galego, o catalán e o euskera no Europarlamento, que aquí din que si e en Madrid e Bruxelas din que non. Para o que non lle fai falta escoitar nada é para entender a recepción, na Xunta e no Parlamento, ao embaixador de Israel. Recibir ao representante dun goberno xenocida non ten explicación ningunha, e agardamos expectantes unhas desculpas.

Show more...
5 months ago
46 minutes 48 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Mondariz Balneario, Avión e unha absolución

Que pasa no Balneario? Parece o titulo dunha clásica novela de misterio británica, pero é a historia real duns 300 migrantes refuxiados no concello máis pequeno de Galicia (700 habitantes) que acabaron sendo atendidos pola poboación ata que a Xunta e/ou o Goberno os expulsa. Do mesmo xeito que se foi (do partido, pero non do cargo) a concelleira de Vox en Avión, Lilian Cerdeira a única que tiña en Galicia a formación de ultradeireita. E outro que deixa, o cárcere, é Alejandro Míguez, o cuarto adulto condenado polo asasinato de Samuel Juiz, absolto por decisión do Tribunal Superior. Todo isto dálles para falar a Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro máis do habitual (que non é pouco).

Show more...
5 months ago
49 minutes 38 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Xente que se vai, xente que vén

Ademais de Pepe Mujica (ao que Xosé Manuel Pereiro se empeña en chamar «Mújica«, como Mújica Laínez ou Múgica Herzog, a diferenza de Ana Luísa Bouza e Xosé Hermida) e noutro moi distinto nivel, foise (só do cargo) a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, María del Carmen Martínez Ínsua, presunta madriña da idea de pintar de verde a futura cheminea de Altri para convertila en icona gráfica. Na administración non saben conservar xente con tanta visión de futuro.

Si saben amarrar a quen garda as esencias da información pública ao servizo de quen manda, e así virá como directora xeral de algo que xa non se chama CRTVG a Concha Pombo, que de ser responsable do que chamaban información, agora será titular de todo o tinglado.

E para rematar en alto, un chamamento a celebrar, se é posible con pandeireta, o Día das Letras Galegas, dedicado, como saben, as mulleres que gardaron de forma practicamente clandestina a nosa cultura popular nas cociñas, como ben poden ler en Luzes. 

A todo isto, onde anda metida Marta Otero Mayán?

Show more...
5 months ago
33 minutes 51 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Eleccións alí arriba e aquí ao lado

A tal hora, o Espirito Santo e o electorado portugués están convocados a escoller os próximos dirixentes no Vaticano e no Palacio de São Bento. Parolini ou Luis Montenegro?, Cristóbal López ou PedroNuno Santos? Terán opcións a extrema dereita de André Ventura ou o filipino Pablo Virgilio David? Unhas eleccións tan apretadas queAna Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Hermida eXosé Manuel Pereiro nin se atreven a facer unha porra.

Apretada tamén a votación que aprobou no Congreso as medidas contra os arancelazos de Trump, e que nin o tradicional empresarismo do PP de Feijoo (e de calquera outro) foi capaz de impoñerse á teima anti Pedro Sánchez, non xa para votar a favor, se non siquera para absterse.

E por último, o misterioso e penoso caso dos mortos nos contedores de papel da Coruña e Zaragoza. Desleixo social, homicidio, falta de seguridade?

Show more...
5 months ago
32 minutes 17 seconds

A actualidade está sobrevalorada
O Día dos Transistores (e do Traballo)

Onde estabas ti ás 12,33 do 28 de abril de 2025? Cóntannos aquí a súa peripecia persoal Ana Luísa Bouza (na casa), Marta Otero Mayán (na ducha), Xosé Hermida (no Congreso, que había luz) e Xosé Manuel Pereiro (teletraballando) pero as horas seguintes todos, como a maioría da xente, coa orella pegada ao transistor, como os futboleiros de antes as tardes de domingo. Pero no episodio actual de A Actualidade está sobrevalorada tamén se fala da decisión do Tribunal Constitucional de non decidir sobre a Lei Trans (é dicir: decidir non tomar unha decisión de momento) e do Día do Traballo, que ten cada vez máis un carácter político que meramente sindical.

Show more...
6 months ago
47 minutes 6 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Cónclave no Hórreo

O balance de xestión e promesas no Parlamento Galego non foi tan ameno como o Estilo Galicia da semana pasada na Cidade da Cultura, pero tamén nos deu que falar. O presidente Alfonso Rueda está decidido a marcar paquete político propio e pedir permisos as competencias de dar permisos para todo: para Altri, para plantar eucaliptos, para construír no litoral… De doce anos de seca de traspasos a media ducia en tres anos. Como din os charlatáns das feiras «Venga, que nos las quitan de las manos!». Mentres, aló en Roma tamén hai debate, pero para ver a quen poñen no trono de Francisco Bergoglio. Un filipino? Un húngaro? Un ghanés? Fariamos apostas pero a cousa está máis difícil que cando na quiniela poñen partidos da calcio de Italia.

Show more...
6 months ago
39 minutes 53 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Estilo Galicia, HEY!

Que a toma de posesión de Trump foi un espectáculo televisivo? Pois aquí un evento non menos mundial como o I Ano Triunfal de Rueda non foi para menos. A Xunta tirou a casa pola ventá (a TVG) e fixo un reallity show daqueles do xénero do exhibicionismo emocional no que a xente do común ía dar testemuño das súas alegrías e os seus pesares nas pantallas. Neste caso, das súas alegrías, gracias á «Dios e á Xunta», pola orde que queiran, que a orde dos favores non altera o produto. O balance serio, no Parlamento a semana que vén, e xa nolo contarán Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, pero de seguro que non o pasarán tan ben (eles).

Show more...
6 months ago
39 minutes 35 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Altri, Sargadelos, as transferencias e un bolseiro
Unha empresa que ameaza con irse se non lle dan cariño e 250 millóns de euros, e un empresario que di que pecha ou non, segundo lle dá o aire. Non puidemos escoller mellor ocasión para volver ás súas orellas, e presentarlles, de paso, a unha nova promesa da opinión. Escoiten e xulguen.
Show more...
6 months ago
38 minutes 10 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Live in Lugo!!!

Conseguimos un dos nosos soños: actuar en directo (aínda que sexa nun cárcere).  Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel Pereiro e Lois Pérez (no papel de Antón Losada) estivemos rodeados dun público amigo e rebuldeiro e dunha chea de Castelaos (que resultaron ser os concelleiros do BNG). Comparamos os cárceres, as estacións de buses obsoletas e o falamos de dous fenómenos misteriosos: a Administración que non quere que lle dean cartos e o teléfono antiokupas ao que non chama xente que quere que a libren de okupas.

NOTA: 

As nosas condolencias á corporación municipal e á familia e amizades da alcaldesa, Paula Alvarellos, que falecía tras sufrir un infarto precisamente mentres nós gravabamos o podcast.

Show more...
8 months ago
45 minutes 11 seconds

A actualidade está sobrevalorada
O ano que ruedamos perigosamente

Vai para un ano que subimos, a maioría do electorado que acudiu ás urnas, ao bus do PP que conducía Alfonso Rueda. Que pasou desde entón? Que cambiou no goberno (a maiores duns funcionarios medoñentos que foron substituídos por outros afoutos que son quen de dicir amén ás pretensións dos xefes)? E na(s) oposición (s)? Porque no País parece que pouco, que os problemas seguen a ser os mesmos, pero máis vellos e grandes. Escoiten a Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, que ademais estrean sintonía (musical, entre eles xa a teñen) que se despiden da audiencia ata a semana seguinte, LIVE IN LUGO!

Show more...
8 months ago
42 minutes 19 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Independencia, salarios e alerta cinexética

Non, a alerta cinexética da que avisa a conselleira de Medio Ambiente?,Ángeles Vázquez, non é a dos partidos de esquerda contra a presenza no nomenclator de vilas e cidades do nome do exministro de Franco e expresidente da Xunta,Manuel Fraga. É sobre que hai xabarís soltos na Autoestrada do Atlántico. Un caso máis de apenovismo, porque os xabarís andaron ceibos de toda a vida, e por todas as estradas, grandes e pequenas, de Galicia. Unha polémica, no pensar de algún/algunha dos contertulios (xa saben,Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro) igual de parva que a de se os que cobran o salario mínimo teen que declarar ou non o IRPF, cando en España se estima que hai, en artefactos financieiros legais, 300.000 millóns de euros, que cotizan un 2% ou 3%, e o imposto de sociedades está deseñado de forma que, canto máis ganan, menos contribúen fiscalmente.

Un podcast completo no que se fala tamén de que en Galicia non só hai unha lista de espera para a dependencia, senón dúas (unha para que cha recoñezan, de un ou dous anos, e outra para cobrar, de seis a doce meses). Non haxa medo: o Goberno vai implantar un plan de choque, que inclúe cambiarlle o nome por Ley de Autonomía, e a Xunta, para non ser menos, cartos non se sabe se vai poñer, pero outro plan si. Unha suxestión: pódenlle chamar Lei de Independencia, que o marqueting xa está feito.

Show more...
8 months ago
41 minutes 18 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Louzán, as urxencias e a connivencia

Galicia, unha vez máis pioneira. Neste caso, na xurisprudencia administrativa. O Tribunal Supremo absolveu a Rafael Louzán do delito de prevaricación porque se é ben certo que o hoxe presidente da RFEF e daquela da Deputación de Pontevedra inventou un concurso público para darlle uns cartos a unha empresa determinada, foi para pagar unhas obras acordadas mediante «connivencia» (sic) dos involucrados. O «ti vai facendo» ratificado pola alta xurisprudencia.

Pero non só somos pioneiros na superación na Lei de Contratos pola vía dos feitos. Tamén o somos en terceira idade tecnolóxica. Os nosos vellos, e vellas, controlan que te cagas os trebellos, segundo o conselleiro do ramo. E se podes distraerte fedellando no aparato, que necesidade teñen de ir ao centro de saúde? Con mirar en Google que lles pasa e pedir o remedio por Amazon, amañado.

Igual de rauda foi a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez e/ou o presidente Rueda. Como o BNG e os seus secuaces tiñan ameazados aos funcionarios para que non emitiran informes a favor da instalación de Altri, nunha xogada mestra e secreta cambiou aos responsables de facer eses informes por xente menos sensible (unha delas, causalmente casada co director de Ence-Pontevedra), tal e como conta neste mesma web o compañeiro Juan Oliver.

Show more...
8 months ago
42 minutes 9 seconds

A actualidade está sobrevalorada
«El palacete, el palacete»!

Que pasou co Palacete de París que a Gestapo lle incautou aos vascos e que o PP tiña a firme convicción de que debería seguir sendo propiedade do Patrimonio Público do Estado? (Tan firme que mesmo votou en contra da suba das pensións, as axudas aos afectados da DANA e aos usuarios do transporte público para que pasase a mans dos «aprovechateguis»[© Miguel Tellado] do PNV).

O que tampouco saben Ana Luísa Bouza (pódena felicitar, está de aniversario), Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro é que vai pasar cos concelleiros electos nas listas do PSdeG-PSOE en Compostela. Porque dos seis, catro están algo díscolos e sen propósito da emenda. Tampouco saben que lles pasa a algúns funcionarios da Xunta que, segundo a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, mesmo non durmen por medo do que lle poidan facer «o BNG e os seus secuaces» se fan algo a favor de Altri. Aparéceselles Néstor Rego pola noite?

E por último, para eses que se apelidan Queijo, Enjamio ou mesmo Feijóo (por non falar de Otero ou Losada), a RAG ten un remedio: expídelle un certificado raudo para que devolvan o seu nome familiar ao idioma do que nunca deberían ter saído.

Show more...
9 months ago
39 minutes 52 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Europa, sé forte!

Despois da pompa e circunstancia da toma de posesión de Donald Trump e seu séquito de tecnooligarcas, e a teor de a que líderes convidou ao aplaudirlle, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e mesmo Xosé Manuel Pereiro teñen claro os obxectivos deste segundo mandato do magnate e presentador televisivo: vai por Europa. E non precisamente a facerlle as beiras e tirarlle fichas. Tan claro como que os obxectivos, por activa ou por pasiva, da política sanitaria da Xunta son facilitarlle o negocio ao sector privado. O episodio deste semana comeza cunha desgracia, e remata con outra: o recordo ao falecido Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro, un pedazo da historia audiovisual e da recente cultura popular de Galicia.

Show more...
9 months ago
38 minutes 11 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Socialistas, privatizacións e un senador veloz

Que vai querer ser o PSdeG de maior? Esa é a pregunta que parece formularse no día a día. Rompe co BNG en Foz, sométese á cuestión de confianza na Coruña e anda en liortas consigo mesmo en Santiago. E mesmo hai quen sigue cuestionando o liderado de José Ramón Besteiro. Que tampouco é que sexa moita novidade na historia do PSdeG, que leva disparándose no pé toda vida sen necesidade de xuntarse en Amio.
O que sí que teñen bastante traballado é a técnica do goberno municipal da protesta, e como mostra o apoio de Caballero, secundado por outros alcaldes e alcaldesas da área sanitaria de Vigo á convocatoria da manifestación en defensa da sanidade publica que terá lugar hoxe xoves. Se vostede nunca sabe que dicirlle a ese familiar que sempre defende a eficacia e aforro que aportan as privatización aproveite o episodio de hoxe porque o profesor Losada vai darlle o argumentario que desmonta esa mentira. Mentir, porén, é o dereito que asiste aos acusados nos tribunais, e así, pese ao que asegurou o velocimetro da Garda Civil, o senador Manuel Speedy Baltar asegurou que el non circulaba a 215 km/h cando o pararon na A6.

Show more...
9 months ago
38 minutes 24 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Manifestación, competencias e a señora Scrooge

Esta semana acumúlansenos os sucesos históricos. Abríase xa o domingo coa masiva manifestación contra a instalación da factoría de produción de pasta de celulosa pola compañia Altri, na que entre 50.000 e 100.000 persoas, (máis outros cantos en espírito que non estiveron por problemas de axenda) e sen deixar tempo para unha reacción proporcionada da Xunta chegou, case por sorpresa, unha nova cesión de competencia para Galicia. Desde os tempos dese goberno que non debe ser mentado que non se producía semellante fito. Nós non temos moitas dúbidas en que é algo bo para Galicia, outra cousa é o que fagamos coa competencia. As dúbidas deixámolas todas para o que vai pasar coa nova presidencia da RFEF, que igual non era a mellor idea nomear a alguén cunha inhabilitación pendente por confirmar polo Supremo, mais que saberemos nós que non nos dedicamos a gobernar o fútbol. Para rematar, comentamos a sentenza do xuizo pola violación multiple sufrida por Mme. Gisèlle Pélicot e ademais de agradecerlle que dera a cara por todas dedicamos uns fermosos pensamentos para a outra parte no xuizo. Como é o derradeiro episodio do ano, Antón Losada, Marta Otero Mayán, Ana Luisa Bouza e Xosé Manuel Pereiro aproveitaron para felicitar as festas para toda a xente que escoita o podcast e a toda a tribo de Luzes, mesmo algunha que non sabemos se acabará sendo a señora Scrooge.

Show more...
10 months ago
46 minutes 41 seconds

A actualidade está sobrevalorada
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.