
Se sodes seguidores fieis do Oíches? xa saberedes que a pandemia tivo un impacto positivo tanto no consumo de podcast como na creación de contidos en galego neste formato. No último ano a entrada de podcasts no directorio multiplicouse por máis de 3 e xa somos 190!
Por iso, neste cuarto episodio queremos darlle voz á canteira, a algunha desas novas voces que nos fan gozar coas súas propostas: Cecilia Pose (@vagon91), David Sobrino (@AteneoRadio, @dsobrinoplatas) e Iago Blanco e Mateo Cao (@os_dousdesempre)
Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas) e Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira).