
Diana traballa de asesora de empresas, ten un nivel económico aceptable, non tan bo como lle gustaría, pero aceptable; e, aínda así, gusta de aproveitar as cousas que atopa ó lado dos colectores do lixo para decorar a súa casa. Goza tanto do aforro como do proceso de restauración. Un día atopa unha cadeira de brazos cun estampado que lle chama a atención pero que está desfondada. Xa na casa, comeza a desmontala para limpala e arranxala e descobre que, por debaixo, ten uns versos escritos. Os versos fanlle gracia e sóltaos a mínima ocasión que se lle presenta sen saber que o que está facendo, en realidade, é desconxurar, é dicir, liberar ó demo de Anllóns.