
Advertencia: consumir preferentemente antes de ir para a cama.
Os mekemekes chegan ao micro arrastrando os pés, co cerebro medio fundido e o ánimo xusto para respirar. Gravado baixo mínimos vitais, falamos do que puidemos, como puidemos e ata onde nos deu a neurona.
Hai momentos de lucidez intermitente, risiñas nerviosas, divagacións sen rumbo e cata de pasta de dentes caduca. Se algunha vez te sentiches tan canso que falabas coma un zombi e pensabas coma un cactus, este é o teu episodio.
Grazallas por escoitar, por comprender e por rir connosco, mesmo cando estamos a punto de quedarmos durmidos.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.