Home
Categories
EXPLORE
True Crime
Comedy
Society & Culture
Business
Sports
History
Fiction
About Us
Contact Us
Copyright
© 2024 PodJoint
00:00 / 00:00
Sign in

or

Don't have an account?
Sign up
Forgot password
https://is1-ssl.mzstatic.com/image/thumb/Podcasts221/v4/e4/88/c3/e488c3e1-6f9e-f462-7bf4-f1fabe55fdab/mza_13155173431985602718.jpg/600x600bb.jpg
Cercaronme as ondas
RQR
59 episodes
4 months ago
O día a día sonoro do IES Mendiño: actividades, proxectos e todo o que interese a quen se achegue aos micros de RQR, a radio do IES Mendiño.
Show more...
Education
RSS
All content for Cercaronme as ondas is the property of RQR and is served directly from their servers with no modification, redirects, or rehosting. The podcast is not affiliated with or endorsed by Podjoint in any way.
O día a día sonoro do IES Mendiño: actividades, proxectos e todo o que interese a quen se achegue aos micros de RQR, a radio do IES Mendiño.
Show more...
Education
https://d3wo5wojvuv7l.cloudfront.net/t_rss_itunes_square_1400/images.spreaker.com/original/6df1dbbc69be8476e065dfe2d850a287.jpg
Entrevista Marta Rodríguez, segundo premio dos Premios Literarios Minerva
Cercaronme as ondas
10 minutes
4 months ago
Entrevista Marta Rodríguez, segundo premio dos Premios Literarios Minerva
A nosa alumna Marta Rodríguez Domínguez, de 4º ESO, vén de acadar o segundo premio na modalidade narración, pola súa obra "Escintileos ao a mencer", nos Premios Literarios Minerva. Este concurso literario está convocado polo prestixioso Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e nel os alumnos de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia presentan os seus textos, coa condición de seren orixinais, inéditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuír ao fomento do uso da lingua no ámbito educativo e a impulsar a literatura entre os mozos. O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos premiados, chamados a garantir o futuro das nosas letras. “O nivel dos traballos premiados é unha boa mostra da puxanza e da forza deste talento novo que, coma sempre, agardamos que se sume á ampla relación de autores e autoras xa recoñecidos que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío Xoán Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo, Ismael Ramos ou Alba Guzmán, entre tantos autores e autoras xa imprescindibles das nosas letras”, sinalou o secretario do certame. 
A entrega de premios tivo lugar o 3 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Os autores premiados leron unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos. O volume será editado polo Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela.

Podedes acceder a máis información na nosa web, a web do IES Mendiño.

Sintonía:The following music was used for this media project:
Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com
Cercaronme as ondas
O día a día sonoro do IES Mendiño: actividades, proxectos e todo o que interese a quen se achegue aos micros de RQR, a radio do IES Mendiño.