A semaniña enteira arrincou no IES Mendiño xa este venres 14 de febreiro: toda unha declaración de amor á lingua. E fíxoo acollendo a tres alumnos Erasmus da USC, que nos viñeron falar do galego. Así, como o ledes. Levan aquí só cinco meses mais xa falan galego con total corrección (algúns) e outros, que aínda non o dominan tanto, non nos impresionaron tanto coa súa dicción, mais souberon trasnmitirnos a importancia de manter unha lingua viva. E dínnolo alumnos de lugares onde xa perderon a súa (o caso do alsaciano) ou están a piques de perdela (o caso do napolitano). No programa de hoxe, Érika e Ismael, de 2º de Bacharelato, conversan con Sara (coordinadora Erasmus da USC), Sean (da Universidade de Montana, EEUU), Ciro (de Nápoles, Italia) e Chimène (de Alsacia, Francia).
Podes consutar máis información e a web do podcast na páxina do
IES Mendiño.
CRÉDITOS:- Sintonía:The following music was used for this media project:
- Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com