A entrega dos Óscar sempre é unha boa excusa para investigar sobre os xéneros cinematográficos máis exitosos na taquilla, e as bandas sonoras que as acompañan. Neste curso,
o alumnado de 4º de ESO de Música fixo as súas quinielas sobre as candidaturas presentadas e elexiron as que lle resultaron máis interesantes tanto no aspecto cinematográfico como musical.
BARBIEA canción composta pola archicoñecida Billie Eillish, comeza cunha reflexión da protagonista, que está nunha marea de dúbidas sobre a súa existencia, pois está en conflicto coa súa identidade
. Barbie ilustra o cansancio de moitas mulleres ante a sociedade e o machismo estrutural. O miolo do significado de
What Was I Made For? é sobre madurar, redescubrirse e ter coraxe para amosar a súa nova identidade aos demáis. Esta canción orixinal recibiu o premio á mellor Canción Orixinal nos Óscar 2024.
Un podcast comentado por Javier Gil e Daniela Iglesias de 4º ESO A.
OPPENHEIMERA trama deste film céntrase na biografía de J. Robert Oppenheimer, considerado como o “pai da bomba atómica” e que marca o comezo da era das armas nucleares durante a Segunda Guerra Mundial. O creador desta banda sonora Ludwig Göransson, asocia a personalidade de Oppenheimer, nerviosa e emocional, coa tensión sonora do violín. Ao longo deste podcast,
Raúl Castro e Hugo Castellano de 4º ESO A, nos comentarán aspectos de interese sobre o proceso creativo desta partitura escénica que foi galardoada neste 2024 co Óscar á mellor Banda Sonora.
WHAZHAZHE ( Os asasinos da lúa)
Mateo González de 4º ESO B, trasládanos a unha epopeia sobre a codicia, a violencia e o racismo situada na nación Osage, no estado de Oklahoma. O argumento está basado na historia real dos seus habitantes, que se enriquecen tras atopar petróleo, e dos brancos sen escrúpulos que tentan arrebatarllo. A análise musical que Mateo fai desta banda sonora nos fai entender moito mellor a música tribal de voz e percusión, e o seu significado.
Podes consutar máis información e a web do podcast na páxina do
iesmendinho.
CRÉDITOS:- Sintonía:The following music was used for this media project:
- Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
Artist website: https://incompetech.com